miércoles, 21 de enero de 2009

Simplemente Raigañas.


Unha imaxe vale máis ca mil palabras...
Alguén me dixo onte, despóis de ver a emisión do Alalá, que aínda que sabía que entre nós había moi bo ambiente, amistade, risas e bos momentos, nunca puido imaxinar que o vínculo fose tan bonito.
Gracias a todo o equipo do programa, porque conseguiron transmitir a esencia do que somos, do que facemos e de como o vivimos.
Sencillamente nós. Sin aditivos, conservantes nin colorantes. Sólo Raigañas.

lunes, 19 de enero de 2009

Obama

Mañá é un dia especial.
Mañá o mundo será testigo a través da televisión dun acontecemento que xa pasou a formar parte da historia.
Mañá será un dia de emoción, de sentimentos encontrados, de soños de futuro, de bágoas para moitísima xente. Mañá é o dia no que os nenos de todo o mundo durmirán soñando que poden ser o que eles queiran, independientemente das circunstancias que os rodean.
Mañá tamén é o dia no que o presidente electo Obama tomará posesión do seu cargo. Pensábades que estaba a falar deso? Ja!

Lamentablemente para Obama... mañá É O DIA NO QUE A TVG EMITIRÁ O SEU PROGRAMA ALALÁ ADICADO A RAIGAÑAS!!!!!

Quen vai querer escoitar un aburrido acto con discurso somnífero podendo rir a esgallo coas ocurrencias das nosas pandereteiras máis dicharacheiras do mundo mundial? Ca!



jueves, 8 de enero de 2009

ANO NOVO, VIDA NOVA.....



Bueno, esta é a única foto que podo subir hoxe o blog, xa que no traballo non teño ningunha das fotos que me gustaría poñer. Ésta quitámola no programa, ese que acabou xa fai mais dun ano, jjjjjj.

Esto é a leche, jejejejeje, levo un anaco mirando como narices subir unha foto, pero o final conseguino. Ahora que tanto Cris coma eu temos a contraseña, este blog pode estar mais actualizado......Admítense suxerencias.....

Ala rulas, a escribir moitooooo.

SOFIIII......¡¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!! o sábado tomamos algo en Seaia todas xuntas a tua salú...........MOITOS BICOS PA TI E MAIS PA TODAS........

sábado, 22 de noviembre de 2008

POR FIN!!!!


Máis vale tarde ca nunca!!! Pa que vexades que non son tan poco formal e actualicei o blog!!
Aquí temos as nosas teatreiras. Tan juapas eh!! ou Juapos!! jeje...
Pois a escribir. Bicos pa todas....

miércoles, 2 de julio de 2008

Unha das ceas


Hola, hola, hola! Pois aquí estamos todas na cea do venres, que ben o pasei!! Gracias por facer que me olvidara dos problemas por unhas horas, sodes o mellor do mundo!! Espero que todas o pasarades tan ben coma min. Pois nada, po que non foi a cea pode comprobar na foto que case non bebemos "arcol"!! e que comemos pouco tamen.... Pois moitos bicos a todas. Queresevos...

sábado, 31 de mayo de 2008

Presentación do disco "Baila que podes bailar"


¿Acordádesvos dese día? Foi un dos días máis maravillosos da miña vida. Canta xente alí se xuntou. Canto chorei ... pero de emoción.
Esta foi a última foto que quitamos ese día.
Non sabedes o que me gustaría estar tan motivada como daquela...
Moitos bicos a todas, querovos moito inda que ultimamente non o demostre.

viernes, 2 de mayo de 2008

Inauguracion das bodegas de "San Clodio"

Pois si, borrachera campal das cantareiras nesta inauguración... Que ben o pasamos, e canto viño bebemos, miña nai...
Estas bodegas pertencen o director de cine José Luis Cuerda, que posa nesta foto con nos xunto Alejandro Amenabar.
Que ben sabian aqueles pinchos, dios...!
Pois eso, que podemos presumir de conocer a estes dous directores de cine e calquer dia chamannos pa unha película e todo. (Inda que sea pa ajuantar dos focos...jaja)
Bueno, bicos pa todas/os.