
[... ]Eu tiña presa, que había que ir para a actuación... que non salía... e taba... sube rápido! non? Pos o conto no sitio e tal e cual... non? Xa.
... e dijo eu... e daquela pa que o pos? que inda non o distingues... e dixen eu: pa que cojones puxen esto que inda no distingo? a ver se puxen o outro?... Ahora tou pensando eu porque claro... e por eso non iba...
Con este monólogo de Mar acompañábamos o café.
Rosario estivo con nós no aperitivo a través da mirada de Carme.
Noelia púxonos os pelos crechos de emoción interpretando o cantar do tempo da esfolla.
Begoña ensinábamos a aproveitar os recursos físicos que a naturaleza tivo a ben proporcionarnos.
Carmen, desde a distancia, deixounos con unha rosa a mellor das sensacións no paladar.
Anxos ensinounos a camiñar elegantemente enriba duns tacóns sin romper os nocelos no intento.
Sofía versionaba a canción dunha banda sonora dándolle un toque en galego realmente impactante.
Susana de Malpica intentaba tranquilizar a Mariña que, atónita dentro do ventre da súa nai, ficaba cos ollos coma platos, as mans na cabeza e seguramente pensando "menuda xente me espera fóra!"
Josefa e Isabel viñeron para acompañarnos a unhas risas e a uns chupitos de licor café.
Cristina intentaba sacar unha foto decente, mentres pelexaba co flequillo para ver se o que comía realmente eran vieiras ou as toalliñas de aroma de limón para limpar as mans.
A Susana de Cerqueda todo lle parecía ben.