lunes, 19 de abril de 2010

Estamos de Enoraboa!!!!!!!!!!!!!



AS NOSAS RAIGAÑIÑAS!!!!!


Querid@s compañeir@s, Raigañas está de enoraboa porque onte no Concurso de Música Tradicional de Xiradela (Arteixo) tivemos o pracer de poder ver enriba do escenario a dous dos grupos de pandereteiras de Raigañas de Cerqueda. A emoción foi moita xa só velas participar, por certo que era a primeira vez para todas elas. Así na categoría A participaron as máis pequerrechiñas cunha actuación máis ca digna para duas nenas (Tati e Claudia) de 6 aniños que coa súa simpatía e espontaneidade encandilaron ó público da sala; e despois pola tarde na categoría B o grupo de (Andrea,Anxela,Icía e María) a pesar dos nervios ademáis de encandilar ó público desta vez tamén engatusaron ó xurado quen as agasallou cun segundo premio. Enoraboa a todas elas, enoraboa ó seu profe Alex e enoraboa a todal@s Raigañas porque a música, a tradición e o idioma nesta humilde asociación está máis que asegurada con estas cativas e cativos.

martes, 2 de marzo de 2010

FOLIADA EN CERQUEDA


Queridas raigañas/os de aquí e de acolá, grandes e pequenos, por 5º ano consecutivo a A.C. Raigñas vai organizala FOLIADA en Cerqueda, humilde parroquia do concello de Malpica, no lugariño de As Pozacas.
Este ano haberá novidades con respecto a outros anos, amenizará o comenzo da festa a Tombalobos Orquestra, de seguido, todos aqueles grupos que queiran subir por libre, poderán facelo porque disporán de un palco e para rematala festa contaremos coa actuación do showman, Manolo Delfín alias " Pixitas de Muxía" que nos entreterá coas súas cancions versionadas e divertidas.
Non faltará comida e bebida para que poidamos bailar ata que o corpo aguante.
Estades todos convidados e seredes ben recibidos.
Se nos falta a música, a aleghría e as ganas de comer estamos acabados.
Non faltedes o 27 de marzo que alí vos esperamos.

jueves, 14 de enero de 2010

UNO NOVO ANO ..... UN NOVO PROPÓSITO


XA CHEGA O ENTROIDO.....
Queridas Raigañ@s de aquí e de acolá: Comenzamos un novo ano e temos que mirar cara adiante, aínda que de cando en vez botemos a vista atrás para recordar por onde pasamos e valorar máis o camiño que se nos presenta.Nesta carretera chamada "vida" atoparemos grandes autopistas (sen peaxe por suposto) e camiños de terra e baches pero seremos capaces de superalos sen grandes dificultades e sobre todo aunando forzas entre todos como a gran "familia/secta" que somos en Raigañas.Que teñamos un 2010 con moitas autopistas.
E para empezar ben o ano aquí ven o ENTROIDO.... así que as mamás a buscarlle disfraz ás raigañas, e por fin podemos tamén dicir raigaños pequeniños: Mariña, Noa, Carmen, Icía,Martín, Esteban e Alex (polo momentooooo) porque Raigañas xa está argallando cousiñas e queremos vervos alí a todos.... Alejría diola dea!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

jueves, 12 de noviembre de 2009



SEMANA 40....

Ese cativiño que está a piques de saír

Non sabe a sorte que vai ter

Unha nai que canta como un ruiseñor

e un pai chamado Antonio Brey

Xa non queda nada... a nosa Rosario vai ser mamá por segunda vez . A cigüeña está de camiño pero con tanto temporal cóstalle chegar ó lughariño de Bandeira, á entrañable casa da maravillosa familia Brey-Álvarez.

Así as Raigañas imos ser tías por quinta vez, despois da nosa sobriña Icía,Carme,Noa e Mariña, todas juapas coma soles.... estamos deseando que saia un neno porque.... aljén terá que sacalo punto ¿neverdá?

Só desexarlle á nosa futura mamá "unha horiña corta" e ó papá " unha espera pequena". Ós dous e máis á súa preciosa Carme, un bico moi forte e unha aperta musical das Raigañas de aquí e de acolá.

lunes, 19 de octubre de 2009

PRIMA AQUÍ, PRIMA ACOLÁ...

O lughariño dos Matos
de lonxe parece vila
ten un caravel na entrada
e a nosa Susana de MArtiño na salida

Ai se canta faino moi benhe
ai se canta faino moi benhe
canta coa súa garganta
non canta coa de ninguenhe

Ai Susaniña Susana
Vitor xa che marchoue
Ai SUsaniña Susana
e non te levoue
e non te levoue
ha te vir buscare
ai Susaniña Susana
Xa podes marchare

FELIZ 20 CUMPREANOS che desexamos de todo corazón e cando cumplas outros vinte que o vexamos todas nós. Un bikazo das Raigañas daquí e dacolá.

jueves, 10 de septiembre de 2009

A nosa terriña nai........







"A beleza é ese misterio fermoso que non descifra nin a psicoloxía nin a retórica"(Luis Borges,escritor argentino)
O que constitúe a felicidade non é tanto o moito que temos senon o que o disfrutamos"(anónimo)

lunes, 31 de agosto de 2009

Adicado con Cariño a Carme María de parte das Raigañas

No lughariño de Bizarrán
aló no alto de Cambre
un día coma hoxe
naceu a nosa compañeira Carme
Non hai outra coma ela
moreniña e xeitosa
pero para nós sempre será
a nosa Raigaña preciosa
Queremos felicitarte
e mandarche moitos parabens
enviarche moitos bicos
e un ramo grande de carabels
Carme, Carmiña, Carmela
baila cando queiras o ajarrado
que o predicou o cura
que maldito se era pecado
FELIZ CUMPREANOS CARMEN!
Que cumplas moitos máis e que nós o vexamos e o poidamos celebrar polo menos ata os 100 anos .......e logo xa pediremos. E non te olvides que para nós (aínda que na distancia) eres unha máis, unha Raigaña coma a que máis porque sabemos que sempre estás ahí para todo o que faga falta e eso é o lema das Raigañas: "todas unidas e retorcidas xamáis seremos vencidas". Un bikazo moi grande e de corazón de parte de todas nós.