Máis vale tarde ca nunca!!! Pa que vexades que non son tan poco formal e actualicei o blog!! Aquí temos as nosas teatreiras. Tan juapas eh!! ou Juapos!! jeje... Pois a escribir. Bicos pa todas....
Din que os Matos son feos Porque non teñen balcóns pero teñen a nosa Susana que alegra os corazóns
Dios las crea e elas se xuntan.....
Raigañas é un grupo criado no foclore máis tradiconal. Os seus sons viaxaron por todo o territorio galego. Contan con un disco: "Baila que podes bailar"; nel recollen 12 pezas de Cerqueda, Cambre, Limiñoa, San Salvador e Cances. Estas rapazas poñen todo o sabor musical da Costa da Morte nunha simple pandeireta. O grupo de cantareiras "Raigañas" esta formado por 9 rapazas de distintos lugares: Mar da Bouzas (Cerqueda), Begoña de Adoro (Cerqueda), Susana de Martiño (Cerqueda), Rosario das Marias (Cerqueda), Susana de Cobiñas (Malpica), Anxos da Freixeira (Cerqueda), Cristina de Generoso (Cambre), Sofía da Morna (Cambre) e Noelia do Manco (Leiloio).
Iremos actualizando e esperamos que vos guste. Non olvidedes deixar os vosos comentarios.
Cantareiras Raigañas
Se nos queres aljo... búscanos os viernes á noite na Cunca.