lunes, 19 de abril de 2010

Estamos de Enoraboa!!!!!!!!!!!!!



AS NOSAS RAIGAÑIÑAS!!!!!


Querid@s compañeir@s, Raigañas está de enoraboa porque onte no Concurso de Música Tradicional de Xiradela (Arteixo) tivemos o pracer de poder ver enriba do escenario a dous dos grupos de pandereteiras de Raigañas de Cerqueda. A emoción foi moita xa só velas participar, por certo que era a primeira vez para todas elas. Así na categoría A participaron as máis pequerrechiñas cunha actuación máis ca digna para duas nenas (Tati e Claudia) de 6 aniños que coa súa simpatía e espontaneidade encandilaron ó público da sala; e despois pola tarde na categoría B o grupo de (Andrea,Anxela,Icía e María) a pesar dos nervios ademáis de encandilar ó público desta vez tamén engatusaron ó xurado quen as agasallou cun segundo premio. Enoraboa a todas elas, enoraboa ó seu profe Alex e enoraboa a todal@s Raigañas porque a música, a tradición e o idioma nesta humilde asociación está máis que asegurada con estas cativas e cativos.