jueves, 12 de noviembre de 2009



SEMANA 40....

Ese cativiño que está a piques de saír

Non sabe a sorte que vai ter

Unha nai que canta como un ruiseñor

e un pai chamado Antonio Brey

Xa non queda nada... a nosa Rosario vai ser mamá por segunda vez . A cigüeña está de camiño pero con tanto temporal cóstalle chegar ó lughariño de Bandeira, á entrañable casa da maravillosa familia Brey-Álvarez.

Así as Raigañas imos ser tías por quinta vez, despois da nosa sobriña Icía,Carme,Noa e Mariña, todas juapas coma soles.... estamos deseando que saia un neno porque.... aljén terá que sacalo punto ¿neverdá?

Só desexarlle á nosa futura mamá "unha horiña corta" e ó papá " unha espera pequena". Ós dous e máis á súa preciosa Carme, un bico moi forte e unha aperta musical das Raigañas de aquí e de acolá.