miércoles, 28 de enero de 2009

FESTA FLAMENCA!


A cita será o próximo Domingo dia 1 de Febreiro. Restaurante A Cunca.

A hora de chegada está sin confirmar, a de salida dependerá de cando nos boten fóra do restaurante.

Para acudir ó evento requírese o seguinte:
*Roupa dos domingos
*Pelos e cabelos ben peiteados
*Sonrisa de orella a orella
*Fame nejra
*Moita sede.

O comité de prevención pasará revista o venres á noite despóis do ensaio de pandeireta. Farase unha cata parcial u/o total dos viños dependendo da calidade da colleita e da denominación de orixe seleccionada. Tamén se catarán as tostas e outras viandas para asegurar o total éxito da reunión. Para apuntarse ó comité de prevención, non hai máis que decilo antes de que remate o ensaio.
Bicos!

viernes, 23 de enero de 2009

Pero sigo siendo el rey!


Despóis do paso triunfal pola televisión, e con miras a diversificar as nosas aptitudes musicais para chegar a todos os sectores da poboación, as cantareiras de Raigañas decidimos publicar un novo disco de Greatest Hits versionados en clave de rancheiras, copla, acid, jazz, blues e hip-hop.
Neste novo disco que sairá á venta en breve, poderedes escoitar a Punteada rapeada de Cerqueda, o Blues do cantar do arrieiro, e unha magnífica interpretación de Shinny Little Star a cargo da potente voz de Begoña D'adoré...
Como adianto a este traballo, xa podedes escoitar na radio o que será a canción do verán. Ritmos pegadizos mesturados con letras merecedoras do Nobel de literatura. Para mostra, o estribillo da rancheira que vai facer furor nos próximos meses:
Perdiste la boina, en mitad de la era
y ahora sin boina no hay quien te quiera...
No hay quien te queira... quién te va a querer?
Y ahora sin boina poco has de valer...
Pero sigo siendo el Rey!

miércoles, 21 de enero de 2009

Simplemente Raigañas.


Unha imaxe vale máis ca mil palabras...
Alguén me dixo onte, despóis de ver a emisión do Alalá, que aínda que sabía que entre nós había moi bo ambiente, amistade, risas e bos momentos, nunca puido imaxinar que o vínculo fose tan bonito.
Gracias a todo o equipo do programa, porque conseguiron transmitir a esencia do que somos, do que facemos e de como o vivimos.
Sencillamente nós. Sin aditivos, conservantes nin colorantes. Sólo Raigañas.

lunes, 19 de enero de 2009

Obama

Mañá é un dia especial.
Mañá o mundo será testigo a través da televisión dun acontecemento que xa pasou a formar parte da historia.
Mañá será un dia de emoción, de sentimentos encontrados, de soños de futuro, de bágoas para moitísima xente. Mañá é o dia no que os nenos de todo o mundo durmirán soñando que poden ser o que eles queiran, independientemente das circunstancias que os rodean.
Mañá tamén é o dia no que o presidente electo Obama tomará posesión do seu cargo. Pensábades que estaba a falar deso? Ja!

Lamentablemente para Obama... mañá É O DIA NO QUE A TVG EMITIRÁ O SEU PROGRAMA ALALÁ ADICADO A RAIGAÑAS!!!!!

Quen vai querer escoitar un aburrido acto con discurso somnífero podendo rir a esgallo coas ocurrencias das nosas pandereteiras máis dicharacheiras do mundo mundial? Ca!



jueves, 8 de enero de 2009

ANO NOVO, VIDA NOVA.....



Bueno, esta é a única foto que podo subir hoxe o blog, xa que no traballo non teño ningunha das fotos que me gustaría poñer. Ésta quitámola no programa, ese que acabou xa fai mais dun ano, jjjjjj.

Esto é a leche, jejejejeje, levo un anaco mirando como narices subir unha foto, pero o final conseguino. Ahora que tanto Cris coma eu temos a contraseña, este blog pode estar mais actualizado......Admítense suxerencias.....

Ala rulas, a escribir moitooooo.

SOFIIII......¡¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!! o sábado tomamos algo en Seaia todas xuntas a tua salú...........MOITOS BICOS PA TI E MAIS PA TODAS........