sábado, 23 de mayo de 2009

Topos no desfile de Victoria Secrets.


Segundo informa a axencia EFE, dúas infiltradas foron sorprendidas cando pretendían usurpar a identidade de dúas maniquíes no prestixioso desfile da firma Victoria Secrets. Fontes oficiales da investigación afirman que as detidas, que responden ós nomes de Isabelle Bundchen e Yosefinka Kurkova, son topos contratados por outra marca de roupa interior para plaxiar a súa colección primavera-verán 2009.
"Non somos ningunhas tiopas!" afirman as detidas.
Despóis de tomar declaración, pasarán a disposición xudicial.

martes, 12 de mayo de 2009

A nosa Bego do Manso xa é maior de edá.......



Chi,Chi... a nosa Bego cumple hoxe maioría de edá.... nin máis nin menos que os 18 aniños, por cierto moi ben lovados... e ademáis cunha filla priciosa. Estas de Raigañas sacan unhas "crías" moi feitiñas e moi, moi listas,neverdá? E a mamá ... que decides da mamá.. vamos unha beleza... que glamour... que saber estar,que sombreiro... que se aparte a Carla Bruni de diante.. ¡bue, bue, bue, buenas tardes!.
Feliz cumpreanos comadre.

jueves, 7 de mayo de 2009

E veña cativos...

Pa botarse unhas risas...

NACIU MARIÑA!!



QUE PRICIOSA É A NOSA MARIÑA... é que as Raigañas sólo sabemos facer cousas bonitas, o historial de belezas paridas ata o de agora avalan esta teoría.
Tócalles ós seus orgullosísimos pais a difícil tarea de ser pais. A cousa non che é nada fácil, porque esas criaturiñas veñen todas sen manual de instruccións... como saber por que choran cando choran? Mil teorías e solo unha razón... Como saber se están abrigados dabondo ou non, se comeron dabondo ou non, ou incluso se lle botaches polvos de talco dabondos ou non? Bueno... esto é o máis fácil de todo.
Mil apertas e mil bicos para esta nosa Mariña e outros tantos para os pais.