martes, 31 de marzo de 2009

Esta é a semana de Cris e Begoña



Esta semana o blog vai adicado a dúas Raigañas moi importantes, a nosa Cristina de Generoso e a nosa Begoña do Manso.
Cristina de Generoso, ou tamén alcumiada Cristina das Voltas nos Bosques de Cuentos, o seu nome artístico desde o seu debut na teleserie da galega Alalá, está de cumpreanos. Esta fermosa muller de ollos pretus e feiticeiros, con ese pelaso moreno, ese corpiño coma unha pêra, ese olluelo cando se ríe..... vaia que se quite de diante a Miss Ecuador que Miss Faneca Brava arrasa por onde pasa.
Cris FELIZ CUMPREANOS de parte das Malvelas. Queremos que cumplas moitos mais.... alo menos ata os 100 e que nós o vexamos..... IMAXINA..... no bar do asilo celebrando o teu 100 tomando uns mencías e riveras del duero e unhas tostas...... bueno pensando millor unha papilla de tostas.......Mandámosche tantos bicos coma anos cumplas.
A outra protagonista é Begoña Mansa e Adorada , esta Raigaña está a superar outro dos seus retos e vaino conseguir claro que si.... PORQUE ELA O VALE. É un exemplo a seguir ..... non hai nada nin ninguén que se lle resista, pode con todo e con máis e desta vez non vai ser menos. Así que Bego, as Malvelas querémosche dar moitos ánimos para que te recuperes pronto. Un bikazo e ADIANTE VALIENTE.

martes, 24 de marzo de 2009




Fresquiña cual merluza do pincho chegou esta foto a primeiriña hora da mañán.
É do domingo de madamitos e ghuardineros en Cerqueda, tradición que sigue viva gracias a ese sacrificio sobrenatural, a ese derroche de medios técnicos e humanos, a esa terca motivación que corre polas venas da xente de Raigañas.

Pensábades que non había mais? Preparádevos amigos navegantes... Raigañas non durme, Raigañas non descansa, Raigañas non desconecta, Raigañas non precisa excusas para organizar eventos do tipo que sexan. Apuntade estas datas na vosa agenda porque, aparte da nova gira mundial de Britney Spears, non hai outro acontecemento coma este en todo o sistema solar.

25 de Abril do 2009 Foliada de Raigañas
30 de Abril do 2009 Festa da Xuventude

Como reza ese gran dito, unha persona, para ser persona, ten que plantar un arbol, ter un fillo, escribir un libro, e asistir ás foliadas de Raigañas.

Esperámosvos!

viernes, 20 de marzo de 2009

Noite de ensaio



Miñas nenas hai que poñerse as pilas! Hoxe toca ensaio e hai que tar ahí ó pe do cañón para alomenos non acabar como as do video!
"un camino por hacere y nada que perdere... Europe's living a celebration"
Bicos e que pasedes un bo fin de semana!

viernes, 13 de marzo de 2009

Lonxe de vós.



Velaquí estou, en terras alén do mar, superando a morriña que me embarga a base de daiquiris e piñas coladas, langostinos, ceviches, humitas e hayacas, tortas de choclo e pans de yuca, mosquitos e moita calor.
Déixovos para que vos entreteñades un vídeo sobre o amor e como todos os obstáculos que nos parecen insalvables se volven pequenos cando hai amor. Realmente impactante neverdá?
Un bico.

viernes, 6 de marzo de 2009

Tempo de cambios




Espéranse tempos de cambio co relevo na presidencia da Xunta. Hai quen está contento porque prevé que eses cambios lle van a ser favorables e hai quen xa se está preparando para o temporal que se lle aveciña. Moita sorte!

Entretanto, Raigañas sigue living la vida loca entre madamitos e encherolas. Mañán sábado gran cocido no restaurante Aldeola. Música, risas, cantares, bailes, fotos, comida e viño. Alguén da máis?

lunes, 2 de marzo de 2009

Un chute de enerxía para tempos difíciles.



Toda unha lección de como debe tomarse a vida con filosofía, anque creamos sinceramente que o señor non chegou ós 102 precisamente por beber Cocacola.
"PRICIOSU"