lunes, 31 de agosto de 2009

Adicado con Cariño a Carme María de parte das Raigañas

No lughariño de Bizarrán
aló no alto de Cambre
un día coma hoxe
naceu a nosa compañeira Carme
Non hai outra coma ela
moreniña e xeitosa
pero para nós sempre será
a nosa Raigaña preciosa
Queremos felicitarte
e mandarche moitos parabens
enviarche moitos bicos
e un ramo grande de carabels
Carme, Carmiña, Carmela
baila cando queiras o ajarrado
que o predicou o cura
que maldito se era pecado
FELIZ CUMPREANOS CARMEN!
Que cumplas moitos máis e que nós o vexamos e o poidamos celebrar polo menos ata os 100 anos .......e logo xa pediremos. E non te olvides que para nós (aínda que na distancia) eres unha máis, unha Raigaña coma a que máis porque sabemos que sempre estás ahí para todo o que faga falta e eso é o lema das Raigañas: "todas unidas e retorcidas xamáis seremos vencidas". Un bikazo moi grande e de corazón de parte de todas nós.

martes, 25 de agosto de 2009

Unha fin de semana ó máximo!


Bandeira e a súa Festa da Empanada.
Chegamos a Bandeira o venres pola tarde-noite. Xa se respiraba ambiente de festa.
A necesidade de hidratar a gorxa levounos a parar na de Vitorino, aínda que sabíamos por anticipado que íamos parar alí moitas máis veces ó longo do fin de semana. Xa alí atopamos algunhas caras amigas que tamén sentiron a misma falta de hidratación.
Dirixímonos ata a casa de Rosario e Toño. O adxectivo de "casa" quédaselle escaso. Aquela é toda unha mestura de casa de turismo rural e museo etnográfico, que dende a primeira estancia te envolve nunha aura de benestar e paz interior da cal un non quere sair.
Facendo gala da hospitalidade que a caracteriza, alí nos esperaba ela con uns pinchos e uns viños, a mellor das sonrisas e cos brazos abertos. Tras unha cea distendida fomos indo cara a Esmorga Folk.
Logo duns pequenos "incidentes" coa luz, a serie de concertos previstos levouse a cabo. Fartámonos de beber, de rir e de bailar. Tanto que a nosa compañeira Sofía resultou ferida no intento. Un esguince de nocelo puxo o punto final a unha noite chea de ritmos.
O sábado estaba adicado ó carro. Despóis do almorzo comunitario, a sesión vermú - banda e o xantar tamén comunitario, fomos a polo carro. Mozos fornidos e arroutados tiraron por el nun percorrido que non deixou indiferente a veciños nin viandantes. Parada tras parada, íase enchendo das viandas que degustaríamos só unhas horas máis tarde, cando xa non quedase ningún bar por visitar. Non faltou a música, nin os cánticos nin as risas, e moito menos quen tirase polo carro. Nós ata nos atrevemos con el, pero temos que recoñecer que as nosas ansias superaban con moita diferencia ás nosas forzas...
Seguimos bebendo, cantando e bailando.
Un fin de semana inmellorable. Boa música, boa comida, boa bebida e a mellor das compañías. Que máis se pode pedir?
Un millón de gracias e abrazos a Rosario, a Toño e a Carme por abrirnos as portas da súa mansión e por acollernos con ese agarimo.
Se nada o impide, para o próximo ano voltaremos á festa da Empanada.
Para que? Para seguir bebendo, cantando e bailando.

domingo, 16 de agosto de 2009

Ei Carballeira!!!

Un ano máis démonos cita na Carballeira de Zas. Contra todo pronóstico, o tempo deunos unha tregua, así que poidemos disfrutar dunha noite seca por fóra e chea de moi boa música e bo ambiente. Noraboa ós organizadores que, un ano máis, puxeron todo o churrasco no asador para facer desta noite unha cita obrigada do verán.

E como ás festas hai que ir, por aquelo de manter as boas costumbres, estamos xa arrancando motores para a festa da Empanada de Bandeira, que será este fin de semana.

Rapazas! Hai que ir preparando o envite!

jueves, 6 de agosto de 2009

A cantareira das Marías, coñecida no mundo mundial, múdase á gran mansión de Bandeira


Esta semana damos conta dunha noticia publicada en tódalas revistas de prensa "do cuore", a archicoñecida pandereteira de Raigañas "Rosario das Marías" mudouse a súa nova mansión xunto coa súa familia. Aquí podemos vere unhas imaxes do devandito palacio..... ela tan fermosa mostrando a súa mansión moi leda.....
Esta cantareira de gran renome acaba de cumplir non fai moito anos e como di o dito "ano novo vida nova".Desde Raigañas queremos felicitala por todo: polo cumple (aínda que xa vai na hora), pola mudanza, pola filla priciosa e simpática que ten, polo marido juapo e atento e por ser ela como é: "unha bellísima persoa,onde as haxa, chea de dulzura e cun corazón que non lle colle no peito" . Felicidades Rosarika!!!!!!!!!