jueves, 12 de noviembre de 2009



SEMANA 40....

Ese cativiño que está a piques de saír

Non sabe a sorte que vai ter

Unha nai que canta como un ruiseñor

e un pai chamado Antonio Brey

Xa non queda nada... a nosa Rosario vai ser mamá por segunda vez . A cigüeña está de camiño pero con tanto temporal cóstalle chegar ó lughariño de Bandeira, á entrañable casa da maravillosa familia Brey-Álvarez.

Así as Raigañas imos ser tías por quinta vez, despois da nosa sobriña Icía,Carme,Noa e Mariña, todas juapas coma soles.... estamos deseando que saia un neno porque.... aljén terá que sacalo punto ¿neverdá?

Só desexarlle á nosa futura mamá "unha horiña corta" e ó papá " unha espera pequena". Ós dous e máis á súa preciosa Carme, un bico moi forte e unha aperta musical das Raigañas de aquí e de acolá.

lunes, 19 de octubre de 2009

PRIMA AQUÍ, PRIMA ACOLÁ...

O lughariño dos Matos
de lonxe parece vila
ten un caravel na entrada
e a nosa Susana de MArtiño na salida

Ai se canta faino moi benhe
ai se canta faino moi benhe
canta coa súa garganta
non canta coa de ninguenhe

Ai Susaniña Susana
Vitor xa che marchoue
Ai SUsaniña Susana
e non te levoue
e non te levoue
ha te vir buscare
ai Susaniña Susana
Xa podes marchare

FELIZ 20 CUMPREANOS che desexamos de todo corazón e cando cumplas outros vinte que o vexamos todas nós. Un bikazo das Raigañas daquí e dacolá.

jueves, 10 de septiembre de 2009

A nosa terriña nai........







"A beleza é ese misterio fermoso que non descifra nin a psicoloxía nin a retórica"(Luis Borges,escritor argentino)
O que constitúe a felicidade non é tanto o moito que temos senon o que o disfrutamos"(anónimo)

lunes, 31 de agosto de 2009

Adicado con Cariño a Carme María de parte das Raigañas

No lughariño de Bizarrán
aló no alto de Cambre
un día coma hoxe
naceu a nosa compañeira Carme
Non hai outra coma ela
moreniña e xeitosa
pero para nós sempre será
a nosa Raigaña preciosa
Queremos felicitarte
e mandarche moitos parabens
enviarche moitos bicos
e un ramo grande de carabels
Carme, Carmiña, Carmela
baila cando queiras o ajarrado
que o predicou o cura
que maldito se era pecado
FELIZ CUMPREANOS CARMEN!
Que cumplas moitos máis e que nós o vexamos e o poidamos celebrar polo menos ata os 100 anos .......e logo xa pediremos. E non te olvides que para nós (aínda que na distancia) eres unha máis, unha Raigaña coma a que máis porque sabemos que sempre estás ahí para todo o que faga falta e eso é o lema das Raigañas: "todas unidas e retorcidas xamáis seremos vencidas". Un bikazo moi grande e de corazón de parte de todas nós.

martes, 25 de agosto de 2009

Unha fin de semana ó máximo!


Bandeira e a súa Festa da Empanada.
Chegamos a Bandeira o venres pola tarde-noite. Xa se respiraba ambiente de festa.
A necesidade de hidratar a gorxa levounos a parar na de Vitorino, aínda que sabíamos por anticipado que íamos parar alí moitas máis veces ó longo do fin de semana. Xa alí atopamos algunhas caras amigas que tamén sentiron a misma falta de hidratación.
Dirixímonos ata a casa de Rosario e Toño. O adxectivo de "casa" quédaselle escaso. Aquela é toda unha mestura de casa de turismo rural e museo etnográfico, que dende a primeira estancia te envolve nunha aura de benestar e paz interior da cal un non quere sair.
Facendo gala da hospitalidade que a caracteriza, alí nos esperaba ela con uns pinchos e uns viños, a mellor das sonrisas e cos brazos abertos. Tras unha cea distendida fomos indo cara a Esmorga Folk.
Logo duns pequenos "incidentes" coa luz, a serie de concertos previstos levouse a cabo. Fartámonos de beber, de rir e de bailar. Tanto que a nosa compañeira Sofía resultou ferida no intento. Un esguince de nocelo puxo o punto final a unha noite chea de ritmos.
O sábado estaba adicado ó carro. Despóis do almorzo comunitario, a sesión vermú - banda e o xantar tamén comunitario, fomos a polo carro. Mozos fornidos e arroutados tiraron por el nun percorrido que non deixou indiferente a veciños nin viandantes. Parada tras parada, íase enchendo das viandas que degustaríamos só unhas horas máis tarde, cando xa non quedase ningún bar por visitar. Non faltou a música, nin os cánticos nin as risas, e moito menos quen tirase polo carro. Nós ata nos atrevemos con el, pero temos que recoñecer que as nosas ansias superaban con moita diferencia ás nosas forzas...
Seguimos bebendo, cantando e bailando.
Un fin de semana inmellorable. Boa música, boa comida, boa bebida e a mellor das compañías. Que máis se pode pedir?
Un millón de gracias e abrazos a Rosario, a Toño e a Carme por abrirnos as portas da súa mansión e por acollernos con ese agarimo.
Se nada o impide, para o próximo ano voltaremos á festa da Empanada.
Para que? Para seguir bebendo, cantando e bailando.

domingo, 16 de agosto de 2009

Ei Carballeira!!!

Un ano máis démonos cita na Carballeira de Zas. Contra todo pronóstico, o tempo deunos unha tregua, así que poidemos disfrutar dunha noite seca por fóra e chea de moi boa música e bo ambiente. Noraboa ós organizadores que, un ano máis, puxeron todo o churrasco no asador para facer desta noite unha cita obrigada do verán.

E como ás festas hai que ir, por aquelo de manter as boas costumbres, estamos xa arrancando motores para a festa da Empanada de Bandeira, que será este fin de semana.

Rapazas! Hai que ir preparando o envite!

jueves, 6 de agosto de 2009

A cantareira das Marías, coñecida no mundo mundial, múdase á gran mansión de Bandeira


Esta semana damos conta dunha noticia publicada en tódalas revistas de prensa "do cuore", a archicoñecida pandereteira de Raigañas "Rosario das Marías" mudouse a súa nova mansión xunto coa súa familia. Aquí podemos vere unhas imaxes do devandito palacio..... ela tan fermosa mostrando a súa mansión moi leda.....
Esta cantareira de gran renome acaba de cumplir non fai moito anos e como di o dito "ano novo vida nova".Desde Raigañas queremos felicitala por todo: polo cumple (aínda que xa vai na hora), pola mudanza, pola filla priciosa e simpática que ten, polo marido juapo e atento e por ser ela como é: "unha bellísima persoa,onde as haxa, chea de dulzura e cun corazón que non lle colle no peito" . Felicidades Rosarika!!!!!!!!!

jueves, 30 de julio de 2009

Maioría de idade da nosa Anxos





Aló polas terras maravillosas de Cerqueda...... ,concretamente nos Resíos,tal día coma hoxe naceu fai 20 anos esta rapaza de ollos oscuros, pelo encrespado e negro e un corpo que quita o hipo.... Ela dende " pequena" sentiu inquedanza por manter a nosa tradición e cultura musical,de Ángel de Charlie pasou a ser unha cantareira e pandereteira de recoñecido prestixio galego..... ademáis é unha fervente defensora dos animais e se non que llo pregunten a Criso...... e tamén unha namorada dos nenos ... O seu carácter divertido e pacienzudo confírelle unha extraordinaria personalidade a cal esperamos que non cambies.... Para ti Anxos un forte abrazo e moitos bicos das Raigañas. ¡Feliz Cumpreanos !
O millor é o que nos espera o próximo sábado 8 de agosto..... "que tiemble el mundo"....... empeza a conta atrás para o evento........SORPRESA!

jueves, 9 de julio de 2009

As Raigañas de verbeneo


Aqui estamos nos todas "cheas de razon" na festa de Neaño. De razon ou do que sea da igual, o importante é ir de festa, pasalo ben e disfrutar da vida. Ahi queda. Moitos bicosssssssssssss.

miércoles, 8 de julio de 2009

Navegando cara as vacacións...

Xa falta pouco para as vacacións do verán. Ese tempo de lecer tan ansiado e esperado que dura menos ca un sospiro por un pe de millo arriba.

Algunhas (e non nomeamos a ninguén) xa tiveron a oportunidade de disfrutar de un fin de semana ó máis puro estilo "Vacaciones en el mar".

Aproveito para recordar que a cea de teatro queda para este venres dia 10 ás 22,30 horas. O lugar elexido é Casa Klandestino.

Vémonos o venres!

miércoles, 1 de julio de 2009

Festival Dúas Beiras



Este sábado celébrase en Carballo, o festival DUAS BEIRAS que reúne cada ano a grupos de Uruguay e Galicia.

A cita será ás 21,00 da noite no Pazo da Cultura.

Esperámosvos!

martes, 9 de junio de 2009

Colaboración estelar




Teño a ben agradecer a certo familiar esta contribución gratuita para o blog. Sabedor da historia de príncipes e princesas, tuvo a ben crear estas composicións para que nos botemos unhas risas.


Gracias Tono!

viernes, 5 de junio de 2009

5ºAniversario


5 de xuño de 2009
Tal día coma hoxe( con millor tempo...), celebrábase aló polas terras priciosas de Cambre, a boda entre a princesa Cristina de los Bosques de Cuentos y Frutas de Invierno e o Cabaleiro Templario de Neaño, Emilio Reserva 2000. Á boda asisitiron as Malvelas-Raigañas como damas de honra e deleitaron ós noivos coas súas voces búlgares durante a maxestuosa cirimonia.. O namorado noivo colleu o seu cabalo blanco adornado con todo tipo de galanerías e dun brinco subiu á súa amada princesa.... cabalgaron xuntos durante horas ata chegar ó Castillo de Canta la Rana onde deron renda suelta´ó seu amore e sobre todo á súa fame.
En resumo, que hoxe tan de aniversario e .... fan 5 anos de casados o día 5..... FELICIDADES ÓS NAMORADOS.


martes, 2 de junio de 2009

Minutos musicais. Xoel López "O niño novo do vento"



Xoel López, artista coruñes de recoñecida fama internacional, versiona este poema de Alvaro Cunqueiro e música de Luis Emilio Batallán.

sábado, 23 de mayo de 2009

Topos no desfile de Victoria Secrets.


Segundo informa a axencia EFE, dúas infiltradas foron sorprendidas cando pretendían usurpar a identidade de dúas maniquíes no prestixioso desfile da firma Victoria Secrets. Fontes oficiales da investigación afirman que as detidas, que responden ós nomes de Isabelle Bundchen e Yosefinka Kurkova, son topos contratados por outra marca de roupa interior para plaxiar a súa colección primavera-verán 2009.
"Non somos ningunhas tiopas!" afirman as detidas.
Despóis de tomar declaración, pasarán a disposición xudicial.

martes, 12 de mayo de 2009

A nosa Bego do Manso xa é maior de edá.......



Chi,Chi... a nosa Bego cumple hoxe maioría de edá.... nin máis nin menos que os 18 aniños, por cierto moi ben lovados... e ademáis cunha filla priciosa. Estas de Raigañas sacan unhas "crías" moi feitiñas e moi, moi listas,neverdá? E a mamá ... que decides da mamá.. vamos unha beleza... que glamour... que saber estar,que sombreiro... que se aparte a Carla Bruni de diante.. ¡bue, bue, bue, buenas tardes!.
Feliz cumpreanos comadre.

jueves, 7 de mayo de 2009

E veña cativos...

Pa botarse unhas risas...

NACIU MARIÑA!!



QUE PRICIOSA É A NOSA MARIÑA... é que as Raigañas sólo sabemos facer cousas bonitas, o historial de belezas paridas ata o de agora avalan esta teoría.
Tócalles ós seus orgullosísimos pais a difícil tarea de ser pais. A cousa non che é nada fácil, porque esas criaturiñas veñen todas sen manual de instruccións... como saber por que choran cando choran? Mil teorías e solo unha razón... Como saber se están abrigados dabondo ou non, se comeron dabondo ou non, ou incluso se lle botaches polvos de talco dabondos ou non? Bueno... esto é o máis fácil de todo.
Mil apertas e mil bicos para esta nosa Mariña e outros tantos para os pais.

martes, 28 de abril de 2009

Naciu unha loitadora...



...fai hoxe 24 anos.

Moitísimas felicidades para Noelia, que hoxe está de cumpleanos. Moi ben levados por certo, e o que diga o contrario que se prepare para unha sarteñada
de %sti%s!!!
Mandámosche un feixe de bicos, un saco de abrazos, un manoxo de aturuxos e un milleiro de bos desexos.

BICOS!!!!

jueves, 23 de abril de 2009

A importancia de ensinalas dende pequenas



A nosa canteira vén pisando forte. Se ben non facemos máis que traer nenas para o relevo de Raigañas, éstas xa van aprendendo dende pequenas os valores e sacrificios de pertencer a tan sigular grupo. Como unha imaxe vale máis ca mil palabras, aquí vos deixo a Noa, aprendendo directamente da súa mentora, unha das tradicións máis antiguas desta formación. (Próxima lección: como servir un gin-tonic sin empapar a ninguén no intento)

viernes, 17 de abril de 2009

DE FESTA EN FESTA... E SIGO PORQUE ME PRESTA.



Mañán toca xantar. E como todo bo xantar... non pode faltar o viño... Esperemos non rematar todas coma o neno do vídeo.

Bicos a todas! Vémonos á noite!

martes, 31 de marzo de 2009

Esta é a semana de Cris e Begoña



Esta semana o blog vai adicado a dúas Raigañas moi importantes, a nosa Cristina de Generoso e a nosa Begoña do Manso.
Cristina de Generoso, ou tamén alcumiada Cristina das Voltas nos Bosques de Cuentos, o seu nome artístico desde o seu debut na teleserie da galega Alalá, está de cumpreanos. Esta fermosa muller de ollos pretus e feiticeiros, con ese pelaso moreno, ese corpiño coma unha pêra, ese olluelo cando se ríe..... vaia que se quite de diante a Miss Ecuador que Miss Faneca Brava arrasa por onde pasa.
Cris FELIZ CUMPREANOS de parte das Malvelas. Queremos que cumplas moitos mais.... alo menos ata os 100 e que nós o vexamos..... IMAXINA..... no bar do asilo celebrando o teu 100 tomando uns mencías e riveras del duero e unhas tostas...... bueno pensando millor unha papilla de tostas.......Mandámosche tantos bicos coma anos cumplas.
A outra protagonista é Begoña Mansa e Adorada , esta Raigaña está a superar outro dos seus retos e vaino conseguir claro que si.... PORQUE ELA O VALE. É un exemplo a seguir ..... non hai nada nin ninguén que se lle resista, pode con todo e con máis e desta vez non vai ser menos. Así que Bego, as Malvelas querémosche dar moitos ánimos para que te recuperes pronto. Un bikazo e ADIANTE VALIENTE.

martes, 24 de marzo de 2009




Fresquiña cual merluza do pincho chegou esta foto a primeiriña hora da mañán.
É do domingo de madamitos e ghuardineros en Cerqueda, tradición que sigue viva gracias a ese sacrificio sobrenatural, a ese derroche de medios técnicos e humanos, a esa terca motivación que corre polas venas da xente de Raigañas.

Pensábades que non había mais? Preparádevos amigos navegantes... Raigañas non durme, Raigañas non descansa, Raigañas non desconecta, Raigañas non precisa excusas para organizar eventos do tipo que sexan. Apuntade estas datas na vosa agenda porque, aparte da nova gira mundial de Britney Spears, non hai outro acontecemento coma este en todo o sistema solar.

25 de Abril do 2009 Foliada de Raigañas
30 de Abril do 2009 Festa da Xuventude

Como reza ese gran dito, unha persona, para ser persona, ten que plantar un arbol, ter un fillo, escribir un libro, e asistir ás foliadas de Raigañas.

Esperámosvos!

viernes, 20 de marzo de 2009

Noite de ensaio



Miñas nenas hai que poñerse as pilas! Hoxe toca ensaio e hai que tar ahí ó pe do cañón para alomenos non acabar como as do video!
"un camino por hacere y nada que perdere... Europe's living a celebration"
Bicos e que pasedes un bo fin de semana!

viernes, 13 de marzo de 2009

Lonxe de vós.



Velaquí estou, en terras alén do mar, superando a morriña que me embarga a base de daiquiris e piñas coladas, langostinos, ceviches, humitas e hayacas, tortas de choclo e pans de yuca, mosquitos e moita calor.
Déixovos para que vos entreteñades un vídeo sobre o amor e como todos os obstáculos que nos parecen insalvables se volven pequenos cando hai amor. Realmente impactante neverdá?
Un bico.

viernes, 6 de marzo de 2009

Tempo de cambios




Espéranse tempos de cambio co relevo na presidencia da Xunta. Hai quen está contento porque prevé que eses cambios lle van a ser favorables e hai quen xa se está preparando para o temporal que se lle aveciña. Moita sorte!

Entretanto, Raigañas sigue living la vida loca entre madamitos e encherolas. Mañán sábado gran cocido no restaurante Aldeola. Música, risas, cantares, bailes, fotos, comida e viño. Alguén da máis?

lunes, 2 de marzo de 2009

Un chute de enerxía para tempos difíciles.



Toda unha lección de como debe tomarse a vida con filosofía, anque creamos sinceramente que o señor non chegou ós 102 precisamente por beber Cocacola.
"PRICIOSU"

jueves, 26 de febrero de 2009

jueves, 19 de febrero de 2009

Empeza o carnaval de Río de Xaneiro!!!

Que temblen as escolas de Samba porque este ano, a sensación do carnaval brasileiro chega dende Galicia!

Donas e cabaleiros, con vostedes... AS GAROTAS DE RAIGAÑAS!

viernes, 13 de febrero de 2009

UN RAIO DE SOL!!!



Que ganas había de que saíra un pouco o sol!!! Dan ganas de berrar, de bailar, de correr, de cantar, de rir, de abrazar, de EXPLOTAR!

E por se fora pouco, hoxe é venres, a predicción meteorolóxica é boa para o fin de semana, e hoxe hai ensaio!

Vémonos todas á noite para berrar, bailar, correr, cantar, rir, abrazar e explotar.

Que bello es vivir!!!

miércoles, 11 de febrero de 2009

Máis minutos musicais... El Chapo!




Por se algunha quere botarlle un karaoke co bocadillo da merenda, ahí queda a letra:


Que no encuentres un amor tierno y sincero
Que cada hombre que aparezca en tu camino sea un estúpido
Que solo usen tu cuerpo
Que cuando pidas perdón siempre te ignoren
Que te OFENDAN (Sofia...)
Que te humillen día a día noche a noche hasta que llores
Que estés triste y que no te den consuelo
Que te arrastren por el suelo

(Coro)

Para que regreses, para que te quedes conmigo
Que nunca encuentres quien te puede amar
Por eso lo digo
Para que regreses, para que te quedes conmigo
Ojala que nadie te ame como yo
Para que regreses

Que cuando pidas perdón siempre te ignoren
Que te OFENDAN
Que te humillen día a día noche a noche hasta que llores
Que estés triste y que no te den consuelo
Que te arrastren por el suelo

(Coro)

Para que regreses, para que te quedes conmigo
Que nunca encuentres quien te puede amar
Por eso lo digo
Para que regreses, para que te quedes conmigo
Ojala que nadie te ame como yo
Para que regreses

Que estés triste y que no te den consuelo
Que te arrastren por el suelo

(Coro)

Para que regreses, para que te quedes conmigo
Que nunca encuentres quien te puede amar
Por eso lo digo
Para que regreses, para que te quedes conmigo
Ojala que nadie te ame como yo
Para que regreses

Minutos Musicais.

Velahí ven o Entroido!!




Toda Galicia se está preparando para o Entroido, e nós non somos menos pero... que realidade oculta hai detrás desas ansias de que chegue dunha vez? O COCIDO!
Semos realistas... non hai un bo entroido se non hai un bo cocido a carón.
-Que me decides deses grelos, cocidos coa graxiña do lacón e dos chourizos, ahí ben molladiños coma melindros? OOOOOOO...
-E das filloas? AAAAAAAAAA.....
-E das orellas? UUUUAAAAUUUUU.....
Nenas, eu enténdoo. Imposible manter a compostura ante tales manjares.

miércoles, 4 de febrero de 2009

Crónicas dende a Cunca.




[... ]Eu tiña presa, que había que ir para a actuación... que non salía... e taba... sube rápido! non? Pos o conto no sitio e tal e cual... non? Xa.
... e dijo eu... e daquela pa que o pos? que inda non o distingues... e dixen eu: pa que cojones puxen esto que inda no distingo? a ver se puxen o outro?... Ahora tou pensando eu porque claro... e por eso non iba...
Con este monólogo de Mar acompañábamos o café.
Rosario estivo con nós no aperitivo a través da mirada de Carme.
Noelia púxonos os pelos crechos de emoción interpretando o cantar do tempo da esfolla.
Begoña ensinábamos a aproveitar os recursos físicos que a naturaleza tivo a ben proporcionarnos.
Carmen, desde a distancia, deixounos con unha rosa a mellor das sensacións no paladar.
Anxos ensinounos a camiñar elegantemente enriba duns tacóns sin romper os nocelos no intento.
Sofía versionaba a canción dunha banda sonora dándolle un toque en galego realmente impactante.
Susana de Malpica intentaba tranquilizar a Mariña que, atónita dentro do ventre da súa nai, ficaba cos ollos coma platos, as mans na cabeza e seguramente pensando "menuda xente me espera fóra!"
Josefa e Isabel viñeron para acompañarnos a unhas risas e a uns chupitos de licor café.
Cristina intentaba sacar unha foto decente, mentres pelexaba co flequillo para ver se o que comía realmente eran vieiras ou as toalliñas de aroma de limón para limpar as mans.
A Susana de Cerqueda todo lle parecía ben.

miércoles, 28 de enero de 2009

FESTA FLAMENCA!


A cita será o próximo Domingo dia 1 de Febreiro. Restaurante A Cunca.

A hora de chegada está sin confirmar, a de salida dependerá de cando nos boten fóra do restaurante.

Para acudir ó evento requírese o seguinte:
*Roupa dos domingos
*Pelos e cabelos ben peiteados
*Sonrisa de orella a orella
*Fame nejra
*Moita sede.

O comité de prevención pasará revista o venres á noite despóis do ensaio de pandeireta. Farase unha cata parcial u/o total dos viños dependendo da calidade da colleita e da denominación de orixe seleccionada. Tamén se catarán as tostas e outras viandas para asegurar o total éxito da reunión. Para apuntarse ó comité de prevención, non hai máis que decilo antes de que remate o ensaio.
Bicos!

viernes, 23 de enero de 2009

Pero sigo siendo el rey!


Despóis do paso triunfal pola televisión, e con miras a diversificar as nosas aptitudes musicais para chegar a todos os sectores da poboación, as cantareiras de Raigañas decidimos publicar un novo disco de Greatest Hits versionados en clave de rancheiras, copla, acid, jazz, blues e hip-hop.
Neste novo disco que sairá á venta en breve, poderedes escoitar a Punteada rapeada de Cerqueda, o Blues do cantar do arrieiro, e unha magnífica interpretación de Shinny Little Star a cargo da potente voz de Begoña D'adoré...
Como adianto a este traballo, xa podedes escoitar na radio o que será a canción do verán. Ritmos pegadizos mesturados con letras merecedoras do Nobel de literatura. Para mostra, o estribillo da rancheira que vai facer furor nos próximos meses:
Perdiste la boina, en mitad de la era
y ahora sin boina no hay quien te quiera...
No hay quien te queira... quién te va a querer?
Y ahora sin boina poco has de valer...
Pero sigo siendo el Rey!

miércoles, 21 de enero de 2009

Simplemente Raigañas.


Unha imaxe vale máis ca mil palabras...
Alguén me dixo onte, despóis de ver a emisión do Alalá, que aínda que sabía que entre nós había moi bo ambiente, amistade, risas e bos momentos, nunca puido imaxinar que o vínculo fose tan bonito.
Gracias a todo o equipo do programa, porque conseguiron transmitir a esencia do que somos, do que facemos e de como o vivimos.
Sencillamente nós. Sin aditivos, conservantes nin colorantes. Sólo Raigañas.

lunes, 19 de enero de 2009

Obama

Mañá é un dia especial.
Mañá o mundo será testigo a través da televisión dun acontecemento que xa pasou a formar parte da historia.
Mañá será un dia de emoción, de sentimentos encontrados, de soños de futuro, de bágoas para moitísima xente. Mañá é o dia no que os nenos de todo o mundo durmirán soñando que poden ser o que eles queiran, independientemente das circunstancias que os rodean.
Mañá tamén é o dia no que o presidente electo Obama tomará posesión do seu cargo. Pensábades que estaba a falar deso? Ja!

Lamentablemente para Obama... mañá É O DIA NO QUE A TVG EMITIRÁ O SEU PROGRAMA ALALÁ ADICADO A RAIGAÑAS!!!!!

Quen vai querer escoitar un aburrido acto con discurso somnífero podendo rir a esgallo coas ocurrencias das nosas pandereteiras máis dicharacheiras do mundo mundial? Ca!



jueves, 8 de enero de 2009

ANO NOVO, VIDA NOVA.....



Bueno, esta é a única foto que podo subir hoxe o blog, xa que no traballo non teño ningunha das fotos que me gustaría poñer. Ésta quitámola no programa, ese que acabou xa fai mais dun ano, jjjjjj.

Esto é a leche, jejejejeje, levo un anaco mirando como narices subir unha foto, pero o final conseguino. Ahora que tanto Cris coma eu temos a contraseña, este blog pode estar mais actualizado......Admítense suxerencias.....

Ala rulas, a escribir moitooooo.

SOFIIII......¡¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!! o sábado tomamos algo en Seaia todas xuntas a tua salú...........MOITOS BICOS PA TI E MAIS PA TODAS........