miércoles, 12 de mayo de 2010

FELICITACIÓNS A MOREAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Miñas ben queridas Raigañ@s, é preciso brindar por que as ocasións o merecen:
- Un brindis polo aniño da raigañiña Mariña, que xa corre que non a pillan
- Un brindis pola raigaña Begoña, os anos non pasan por ela recoiro,ta coma de 15.....
- Un brindis polo raigañiño Alex que vai facer 7 aniños en poucos días
- Un brindis polos de Sestao , bueno con estes habemos brindare de verdá dentro de pouco.
E unbrindis final por todas as /os raigañ@s e achegados e tamén por este blog, e que non decaia o ánimo que aínda algunhas facemos por mantelo vivo, así que arriba, ó centro e pa dentro.... un bo viño.

lunes, 19 de abril de 2010

Estamos de Enoraboa!!!!!!!!!!!!!



AS NOSAS RAIGAÑIÑAS!!!!!


Querid@s compañeir@s, Raigañas está de enoraboa porque onte no Concurso de Música Tradicional de Xiradela (Arteixo) tivemos o pracer de poder ver enriba do escenario a dous dos grupos de pandereteiras de Raigañas de Cerqueda. A emoción foi moita xa só velas participar, por certo que era a primeira vez para todas elas. Así na categoría A participaron as máis pequerrechiñas cunha actuación máis ca digna para duas nenas (Tati e Claudia) de 6 aniños que coa súa simpatía e espontaneidade encandilaron ó público da sala; e despois pola tarde na categoría B o grupo de (Andrea,Anxela,Icía e María) a pesar dos nervios ademáis de encandilar ó público desta vez tamén engatusaron ó xurado quen as agasallou cun segundo premio. Enoraboa a todas elas, enoraboa ó seu profe Alex e enoraboa a todal@s Raigañas porque a música, a tradición e o idioma nesta humilde asociación está máis que asegurada con estas cativas e cativos.

martes, 2 de marzo de 2010

FOLIADA EN CERQUEDA


Queridas raigañas/os de aquí e de acolá, grandes e pequenos, por 5º ano consecutivo a A.C. Raigñas vai organizala FOLIADA en Cerqueda, humilde parroquia do concello de Malpica, no lugariño de As Pozacas.
Este ano haberá novidades con respecto a outros anos, amenizará o comenzo da festa a Tombalobos Orquestra, de seguido, todos aqueles grupos que queiran subir por libre, poderán facelo porque disporán de un palco e para rematala festa contaremos coa actuación do showman, Manolo Delfín alias " Pixitas de Muxía" que nos entreterá coas súas cancions versionadas e divertidas.
Non faltará comida e bebida para que poidamos bailar ata que o corpo aguante.
Estades todos convidados e seredes ben recibidos.
Se nos falta a música, a aleghría e as ganas de comer estamos acabados.
Non faltedes o 27 de marzo que alí vos esperamos.

jueves, 14 de enero de 2010

UNO NOVO ANO ..... UN NOVO PROPÓSITO


XA CHEGA O ENTROIDO.....
Queridas Raigañ@s de aquí e de acolá: Comenzamos un novo ano e temos que mirar cara adiante, aínda que de cando en vez botemos a vista atrás para recordar por onde pasamos e valorar máis o camiño que se nos presenta.Nesta carretera chamada "vida" atoparemos grandes autopistas (sen peaxe por suposto) e camiños de terra e baches pero seremos capaces de superalos sen grandes dificultades e sobre todo aunando forzas entre todos como a gran "familia/secta" que somos en Raigañas.Que teñamos un 2010 con moitas autopistas.
E para empezar ben o ano aquí ven o ENTROIDO.... así que as mamás a buscarlle disfraz ás raigañas, e por fin podemos tamén dicir raigaños pequeniños: Mariña, Noa, Carmen, Icía,Martín, Esteban e Alex (polo momentooooo) porque Raigañas xa está argallando cousiñas e queremos vervos alí a todos.... Alejría diola dea!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!