martes, 2 de marzo de 2010

FOLIADA EN CERQUEDA


Queridas raigañas/os de aquí e de acolá, grandes e pequenos, por 5º ano consecutivo a A.C. Raigñas vai organizala FOLIADA en Cerqueda, humilde parroquia do concello de Malpica, no lugariño de As Pozacas.
Este ano haberá novidades con respecto a outros anos, amenizará o comenzo da festa a Tombalobos Orquestra, de seguido, todos aqueles grupos que queiran subir por libre, poderán facelo porque disporán de un palco e para rematala festa contaremos coa actuación do showman, Manolo Delfín alias " Pixitas de Muxía" que nos entreterá coas súas cancions versionadas e divertidas.
Non faltará comida e bebida para que poidamos bailar ata que o corpo aguante.
Estades todos convidados e seredes ben recibidos.
Se nos falta a música, a aleghría e as ganas de comer estamos acabados.
Non faltedes o 27 de marzo que alí vos esperamos.