martes, 26 de febrero de 2008

Susana


Esta nosa "SUSANA DE COBIÑAS". Buf! Podería dicir tantas cousas dela... Inda que non empezamos con bo pé, agora podo decir que é unha boa amiga, e que hai que conocela, porque é unha rapaza campal, inda que lle gusta moito o tinto, jeje...
Ir o programa da tele con ela foi unha experiencia maravillosa, paseino genial e aprendin moito dela. Pasamos moitas horas xuntas. O último día do concurso demostroume moito o boa persona que é, porque eu non estaba pasando un bo momento e ela estivo ahi animandome e axudandome en todo... Que eres ENCANTADORA! Eres a miña "pesca" favorita, jaja...
( As outras non empecedes con caralladas, levámonos ben...)

lunes, 18 de febrero de 2008

Rosario


Pois si, esta semana tocoulle a "ROSARIO DAS MARIAS", unha muller moi cariñosa, moi interesante, moi entregada ao que fai. Esta nosa Rosariño é unha pasada, canta estupendamente.
Ten sempre unha seguridade impresionante e eso fai que sea única enriba dun escenario. Ademais ten unha nena preciosa, Carme.
Eres O MÁXIMO!

lunes, 11 de febrero de 2008

Susana


Esta sempre sonriente muller que vedes é "SUSANA DE MARTIÑO", a muller coa voz máis dulce que escoitei. Ten a quen parecerse, porque a sua avoa canta de vicio( Dolores de Martiño, que puxo o broche de ouro no disco de Raigañas co cantar de Cerquerda). Pois, ¿que dicir dela?, que é alegre, cariñosa, guapísima... Que eres ESTUPENDA!! (Ah! que ainda che temos que ir tomar o café, chupito e biscachón o teu piso, que non se che olvide, jaja...)

martes, 5 de febrero de 2008

Begoña


Esta rapaza tan guapa que vedes aquí é a nosa "BEGOÑA DE ADORO". Como o seu propio nome indica, é adorable. É coma unha segunda nai... Sempre está ahí para apoiarnos a todas e para darnos moi bos consellos. A esta muller é para poñerlle un monumento, sabemos do que falamos... Ademáis de todo eso ten unha voz impresionante. É escoitala cantar e que se che poñan os pelos de punta. Levao tan adentro que te esmociona cando a oes. E o seu laado é imposible que non te rías, porque é moi adivertida, e algo verde tamen, ja ja... Pois nada, que eres IMPRESIONANTE!