miércoles, 19 de marzo de 2008

Sofia


"SOFIA DA MORNA"... Unha muller especial, vale moitisimo inda que ela pense que non. Boa bailardora, boa cantadora e boa tocadora...Non é moi faladora, nin berra moito, pero cando fala...
Ela sempre esta pa todo, pa ir as actuacions, pa ir buscar a quen sea a donde sea... e o mais importante, que é boa amiga cando se necesita... ERES UN SOL!! (Xa sei que sona todas as semanas parecido, pero non podo decir nada malo de ningunha, porque vos quero moito a todas)

11 comentarios:

Unknown dijo...

non me dijades que teño o placer de abrir esta páxina¡nótase que tades de vacacións que cando escribides é en horas de traballo lampantinas.tou en xixón e son as nove así que vou tomar un viño e estes días xa vos darei un repasiño a todas.un bicazo jrande

Anónimo dijo...

Hola mozas! son eu, si, ainda sigoesperando, q se lle vai facer... bueno, tocoulle a Sofia, a nosa Sofi, pa q despois diga q sale mal nas fotos, hai q joderse, PERDON! hai esta, a min terianme q facer un blog destes enteiriño pa min pa poder dicir todas as cousas boas q ten a da morna (ainda q tamen ten aljunha....)pero moito xa o dixo Noe, en unha moi boa amija, smpre esta ahi cado fai falta e sempre esta disposta a todo, ainda q ela misma se denomina como toxo, ten un corazon enorme e todas sabemos q esa e unha excusa pa esconder toda esa sensibilidade q leva dentro. Solo dicirlle q a quro moito , anque ela xa o sabe, pero nunca esta de mais, e q estou moi orgullosa de q forme parte dos mellores momentos da miña vida( e daljun ben, malo, mellor non recordar, jiji), q esto dure moitos anos e non cambies nunca juapa. biquiños pa todas e q disfrutedes da semana santa, q dura pouco. muaaaaaaaaaa

Anónimo dijo...

o anonimo ese era eu, pa q non haxa especulacions, non sei q fixen q me quedou asi, aburiño

Anónimo dijo...

bueno, non sei q cona fixen, son carmen

Unknown dijo...

hola carmenciña, ,asi que ainda andas coa barrigoliña esa ay che¡ que jana terás de verlle a cariña non?en primeiro lujar dicirlle a NOELIA que non solo é un crack no escenario senón tamén da informática ,o teu é moito miña nena,a MAR bueno,habería que facerche un monumento por tanto que tas facendo pola nosa cultura e polo noso país. ei carballeira¡
penso que te equivocahes de traballo,o teu era tar no sitio da bugallo polo menos e dou fé que o ibas facer cen mil veces millor,eres única¡(jracias a dios) je je je.BEGO é a responsabilidad personificada,como ben dixestes é como si fora amamá nosa e tá demostrando o moito que vale e que si un se propón unha cousa é quen de conseguilo e senón que me dija quen é capaz de sacar unha evaluación,estudiando nas salas de espera dos hospitais,facer duas funcións matinais no ROSALÍA E POR ENCIMA LEVAR TODA A VIDA DUNHA CASA bueno é que é moito e por encima ajora que se nos está poñendo cachondisma ¡apartarse¡ bego ¡te adoro¡.SUSANA de martiño, moi caladiña e moi reservada,sempre nos enteramos das tuas cousas polo mundo e jobá¡ nos tamos aquí ó teu carón pa escoitarte e pa darche ánimos cando o necesites,e bueno sigo pensado que tes a voz mais bonita e dulce que escoitei.SUSANA de cobiñas,pouco a pouco ímonos conocendo e estasme sorprendendo gratamente,porque esa idea que tiña das pescas(sin ánimo de ofender eh¡)non me cadra contijo,bueno claro está que ahora és medio cerquedana non?.ANGELES,ou maria de los annnngeles¡¡¡¡¡contijo é escajallarse de risa miña nena,a miña "sabrina" (pa quen no no sepa era un angel de charli)jobá miña amija da alma,tuvemos un bachiño no noso camiño,pero jracias a dios bacheamos non si?.CRISTINA TEÑO BOA JANA DE VERTE CHE¡que tal miña nena?como van eses dentiños? sijeche prendendo o labio ou xa tá superado?desde lojo pa decir algo de cada unha é dificil porque cada unha é unica pero o mismo tempo taríamosnos re`pitindo decindo o mesmo de todas,que eres de puta madre vaia.SOFÍA o único toxo que conozo que non pica,vistes cousa ijual? mirade como é a cousa que desde que se define"toxiño" hasta me justan os toxos porque me acordo de tí.porque miña nena hasta un toxo florece botando a súa flor amarilliña e unha rosa por moi rosa que sea tamén ten espiñas¿capiscas? e que sepas que raijañas sen ti non sería o mesmo,sempre faltaría aljo,por moi cero que te consideres o teu ser que é único nadie o pode suplir. tareime poñendo aljo tostona non? ah e BEA volve che¡que botote moito de menos¡oubea¡co ben que o pasamos muller.Bueno miñas nenas deixovos que pa hoxe chejaría non?Sólo dicirvos que vos quero moitinismo a todas e que sodes o máximo.biquiños

marda Bouzas dijo...

Ola raparigas:
A verdade é que se nota que estamos de vacacións ata coa informática,jiji.
Esta semana toca opinar de Sofía, pois ben, eu ademáis de estar de acordo co que dixéstedes, quero dicir que para min é unha AMIGA ESPECIAL: das que están cando fan falla, das que te escoitan, das que dan bos consellos, das que coa súa calma(bueno xeniño tamén hai eh! apartarse) saben transmitircha, en fin unha AMIGA con tódalas letras. A súa sensibilidade escondida detrás dunha aparente frialdade(que pa nada é así) sae a relucir en moitos momentos. Alégrome que xa esté millor des pois de pasar o mal trago que pasou pero como sempre lle digo TODO LLEGARÁ e ajora xa foi. Sofi tes moitas cousas boas ó teu arredor e cada un é como é, o de toxo non estou dacordo porque para nada é así, máis ben (o que di Rosario) unha rosa con espiñas que se non a agarras ben pican, pero é normal se non non sería rosa.
Artísticamente, pois de que te queixas: moi boa bailadora, boa tocadora e porque non tamén boa cantareira e necesaria en Raigañas(nós as do coro.. dentro das nosas posibilidades facemos o que podemos, e xa bo é...). Eso sí que che den uns chopitos e que se aparten de diante as da voz potente, que subes ti á ocatava ou a undécima se fai falta,jiji.Gracias por estar aí.
Carmiña, corasao, a que te dedicas, ese neno sae ou non sae, estarás xa con janas de botalo fóra, neverdá? bueno que sea unha oriña corta e de pouco mal. Moita sorte que a mereces.
Rosario, bueno, bueno, así que en Xixón, pois dalle saúdos a Isabel. Xa vexo que ajora arrancaches co tema da informática e xa te defendes que da justo. Por certo é a primeira viaxe a Xixón de Carme non? mira paí, que ben, disfrutade e vinde amodo.
Ó resto pois ná xa nos vemos, se non é esta semana pois a que ven e a disfrutar dos tres días que quedan.

Unknown dijo...

hola chamaquitas outra ves,ajora collinlle o justo a esto e non hai quen me pare,pois si é o primeiro viaxiño da nosa nena e non é que se tea portando ahí finamente pero bueno disque non nos podemos queixar.pois cambiando de tema onte fomos toño e mais eu ver o kiosco das almas perdidas e tuvemos con quique,é unha cousa un pouco rara pero a min justoume moito e con quique rinme moito,tamén estaba merce e justoume mais ca nos concertos mil veces,bueno xa vos contarei.e lojo que lle pasou ó noso toxiño,que eu non me enterei?,non sería polo traballo dijo eu non?porque xa sabes que eles o perden .bueno o meu toñin ajora dime,"esta ajora enjanchou e dios nos arrede que o tuvera nacasa porque senon:buaa¡¡ buaa¡¡ e eu: cala neena¡¡bueno a ver si imos probala sidra que xa non sei como sabe,a ver que antonio brey,antonio brey... vai vos dicir aljo.
O meu non e esto,pero dedo a dedo e letra a letra U N A B RA Z O P RA T OD A S .Eu tampouco provei a sidra pero ainda me dura o juisqui da seman pasada na casa de MAR eemmn JRACIÑAS.
Sodes todas moi fotogenicas,justadesme bem mais co DUQUE cajo en d....
Seica marchamos un bicazo .Eeeiiiii Cerqueda!!!!!

Unknown dijo...

bueno xa tou aquí de novo,é que como fai mal tempo pa andar por fora con Carmeletaina en aljo hai que pasalo tempo.,e aproveito que ela dorme pa dicir outras cantas burradas e contestade pronto cojones, sos sos¡ que teño jana de falar con vós¡NOELIA, cantos coches vendeches xa muller? e as madriñas tendes os bolos encarjados xa? oi voulle facela paparrucha a nena que xa despertou,ten os sonos ben pequenos seino eu.

D'Generoso dijo...

Bos dias a todas!!! Que podo decir de Sofia che... TOXO POWER!!! así se autodefine. Dacordo con Rosarika... ten máis flores das que ela ve e que o resto sí podemos disfrutar. Muller de moita templanza, moito coraje e un par de ovarios que hai que quitarlle o sombreiro. Amiga indiscutible, bailadora coma ela sola e con uns ollos preciosos que encandilan a cada pestanexo. A persona que todo o mundo quere ter cerca. AMIGA. Con maiúsculas.

Suelen dijo...

Hola rulas!!!!! boas a todas....aqui tamos despois destes días de vacanzas.....teño un sonazo que pa que.....pero bueno....como todo o bo se acaba, pois agora toca traballar....

SOFI.....que decir de Sofi....aparte de todo o que levades dito, do que tou totalmente dacordo, pois que é IMPRESIONANTE, unha muller dos pes a cabeza, con templanza ante calquer adversidade, sincera por encima de todo (o cal se agradece) e que sempre, sempre está ahi si che fai falta algo, o que sexa. Eu xa non sei cantos anos fai que a conozco, pero a medida que vai pasando o tempo doume mais conta de todo o que vale...é unha loitadora e non se deixa derrumbar ante o primeiro tropezón......NON CAMBIES NUNCA SOFI, ERES UNHA MULLER INCREIBLE.

Bueno, para as demais un bico moi moi grande......Rosario, polo que vexo ahora collécheslle o gusto a esto de internete.....jejje...alégrome un montón....¿e Carme que tal? ¿gustáronlle as sidras?......

Veña rulas, seguiremos falando.....vou traballare un pouco....aburiñooooo

Sofía dijo...

OBRIGADA, con maiúsculas!!!!
Roja é pouco. Impresionantes sodes vós, ta claro!!
Pa todas vós: flores bien bonitas (sin espiñas, claro) jijiji!
Bicos!!!