martes, 2 de marzo de 2010

FOLIADA EN CERQUEDA


Queridas raigañas/os de aquí e de acolá, grandes e pequenos, por 5º ano consecutivo a A.C. Raigñas vai organizala FOLIADA en Cerqueda, humilde parroquia do concello de Malpica, no lugariño de As Pozacas.
Este ano haberá novidades con respecto a outros anos, amenizará o comenzo da festa a Tombalobos Orquestra, de seguido, todos aqueles grupos que queiran subir por libre, poderán facelo porque disporán de un palco e para rematala festa contaremos coa actuación do showman, Manolo Delfín alias " Pixitas de Muxía" que nos entreterá coas súas cancions versionadas e divertidas.
Non faltará comida e bebida para que poidamos bailar ata que o corpo aguante.
Estades todos convidados e seredes ben recibidos.
Se nos falta a música, a aleghría e as ganas de comer estamos acabados.
Non faltedes o 27 de marzo que alí vos esperamos.

11 comentarios:

D'Generoso dijo...

Que chulo o cartel!!! Encántame!

Boa música, bo ambiente, boa comida e boa xente... que máis se pode pedir???

TODO O MUNDO PARA A FOLIADA! (eu tamén, eso espero...)

Bicos a todas miñas nenas juapas.

begodomanso dijo...

Hola a todas, aínda non saímos dunha e xa estamos en outra, isto si que é unha parroquia marchosa, alejria diola dea, viva a foliada moitos bicos a todas as de aquí e as dacolá incluída a Americana.
Un bico Bego.

ROSARIKQDKIK dijo...

hola miñas nenas,cada vez parece que o blog vai a menos eh¡.CCRIS MOITAS GRACIAS POR ACORDARTE DE MIN,UN BICO.Tendes razón que a verdá é que somos ben festeiras,e que nunca falte humor na verdá.BUENO,ESTO DE DAR DE MAMAR E ESCRIBIR Ó MESMO TEMPO É ALJO COMPLICADO ASI QUE HASTA OUTRO MOMENTO.MOITOS BICOS

patricia dijo...

Hola Raigañas! Son unha Rapaza do concello de Santa Comba(A Coruña. Estou estudando en Salamanca e sempre que a carreira me deixa intento aprender a tocar a pandeireta, ver Alalá e escoitar Son Galicia Radio... ( ós veciños kedoulle bastante claro k son galega). vinvos nun dos programs de Alalá e soupen que tiñades un disco con cancions tradicionais. Gustariame moito consegur un para aprender esas cancions...e poder levar da mellor forma posible esta morriña (k apesar de levar aki 3 anos non me deixa). Agradeceriavos moito que me dixerades onde o podo comprar. Saudos!

marda Bouzas dijo...

Hola Patricia, darche gracias por:primeiro sexas defensora do que é noso e o que nos caracteriza como galegos e ó igual ca nós difundas a nos cultura por onde pasas; segundo que penses en nós para paliar esa morriña, que por outra parte nos caracteriza ós galegos e terceiro que aprendas a tocar a pandeireta e lle rompas a cabeza ós salmantinos. Pois ben por todo isto, decirche que a pesar de que non temos ningún disco á venta, dende logo non te imos deixar se el e imos facerche unha copia e enviarcha porque ben o mereces, así que cando poidas envíanos a túa dirección e alí che enviaremos unha copia do noso humilde disco, pero cheo de cariño para quen o quere escoitar.Unha aperta musical das Raigañas.

patricia dijo...

Graciasss!! non sabes a alegría que me acabas de dar!Deixovos aqui o meu e-mail para que poidades darme algún voso e así vos poida enviar a dirección: patriciaar_@hotmail.com
Mil gracias de novo!

PD: este ano,por temas da universidade, non podo estar en Galicia para ir a Foliada, pero prometo estar pendente para outra ocasión.

Fátima dijo...

Bos días a tod@s que se adentren neste blog,
Simplemente recomendar esta foliada a todo aquel que lle guste a música tradicional e compartir un bo momento de lecer. Para min foi a primeira vez que ía, e iso que son de Malpica!!! Unha recomendación: abride unha conta de facebook, xa que hoxe por hoxe é un medio de comunicación masivo.

Bicos e agardo repetir para o ano que ven.

marda Bouzas dijo...

Moitas gracias Fátima en nome de Raigañas, para nós tamén foi un placer contar con xente coma ti que fai posible que cada ano poidamos pasar un anaco entretido e de moi bo rollo. Gracias e esperamos verte na Foliada do 2011 e antes moitas veces.
Recollemos a túa recomendación e crearemos unha conta no facebook,unha aperta musical.

rosarikqdkik dijo...

hola corazons ,que alejría me da ver que hai xente que sinte coma nós . en primeiro lugar felicitar a cris polo seu cumpleanos,que aínda que me acordei ben ese día ó final non te chamei e volvinme a acordar ó día seguinte e bua doume tanta rabia que se me pasara que dixen,xa a felicitarei cando a vexa.Asi que un bicazo jrandismo miña nena.jo xa chora o macaquiño...

D'Generoso dijo...

Moitas gracias Rosiña, non te preocupes, que os anos cúmplense igual e tendo xente coma ti ó carón lévanse ó máximo.

Outro biquiño para ti, para Toño e para os pequerrechos.

patricia dijo...

hola rapazas de raigañas! fai unhas semanas falei con unha de vos (Mar) polo tema do disco. intercambimos as direccions de correo electronico para darlle a miña direccion pero non tiven mais novas. non sei se me confundin a hora de contestarlle o e-mail k me dou ou estivestes con moito traballo. se houbo algunha confusion ou non é posible enviarmo comunicademo. moitas gracias e saudos para todas.

P.D: felicidades tamen a esa nova xeracion de pandereteiras!