lunes, 19 de abril de 2010

Estamos de Enoraboa!!!!!!!!!!!!!



AS NOSAS RAIGAÑIÑAS!!!!!


Querid@s compañeir@s, Raigañas está de enoraboa porque onte no Concurso de Música Tradicional de Xiradela (Arteixo) tivemos o pracer de poder ver enriba do escenario a dous dos grupos de pandereteiras de Raigañas de Cerqueda. A emoción foi moita xa só velas participar, por certo que era a primeira vez para todas elas. Así na categoría A participaron as máis pequerrechiñas cunha actuación máis ca digna para duas nenas (Tati e Claudia) de 6 aniños que coa súa simpatía e espontaneidade encandilaron ó público da sala; e despois pola tarde na categoría B o grupo de (Andrea,Anxela,Icía e María) a pesar dos nervios ademáis de encandilar ó público desta vez tamén engatusaron ó xurado quen as agasallou cun segundo premio. Enoraboa a todas elas, enoraboa ó seu profe Alex e enoraboa a todal@s Raigañas porque a música, a tradición e o idioma nesta humilde asociación está máis que asegurada con estas cativas e cativos.

4 comentarios:

begodomanso dijo...

Boas, miñas benqueridas Raigañas,como se nota que tades todas no facebuque, que agora as que non estamos nesa rede socialdemocrática, non nos enteramos de nada, ou de ben pouco, de como estades e como vos vai si é que se pode contar........
Quero felicitar as nenas do concurso, as que gañarón e as que non, seguide así con forza, así se conseguen as cousas,sodes as estreliñas de Raigañas, que cada vez alumean máis, un bico.
Falando de outra cousa , onte día cinco de Maio, non podía ser doutra maneira fixo un ano a nosa Mariña, parabens para ti miña nena e como se dí, que cumplas moitos máis.(E nos, túas tías, que o vexamos).Sen máis bicos para as daquí e acolá. por certo os dacolá.XA ESTA CHEGANDO, xa sabedes je je je.

Anónimo dijo...

Moitas felicidades a Mariña!!!
jo, un aniño xa, que lojo pasa o tempo. Moitos bicos para ela e para os seus papas. Biquiños para todas vos, Bego eu tampouco estou no facebuque ese, e vexo de ves en cando o blog, a verda e q esta un pouquiño parado, nenas hai q escribire aljo, eh...De paso vou felicitar tamen as pequenas Raijañiñas elas si que o valen todo.
Bueno, tes razon xa falta menos, a ver que pasa, xa se vera. biquiños pa todas. Aburito.
Carmen

rosarik dijo...

eu a verdá vin esta páxina un lote de veces pero como sempre está vacía pois xa me desmoralizo e daquela xa non escribo.por certo un bicazo a mariña e sobre todo a susana que tamen está de cumpleanos en certa maneira,hoxe moito mellor que fai un ano supoño,porque xa pasou todo e os dolores que pasou aquel día e os seguintes quedaronse en algo anecdotico.Bueno nosa CARMELITA tache chejando o día,tou deseando verte ojuapisma que has de estar.E a nosa Bego quédalle ainda menos porque se non me engaño mañán é 12 e outro aniño mais¡¡moitas felicidades compañeira e amiga¡ a ver si o ano novo che trae algo novo,un bicazo moi forte a todas

Anónimo dijo...

Moitas felicidades Bego!!!
Q ben, asi que estas de celebration,pois celebrao en condicions q ben o merece a ocasion. Moitos bicos e pasao moi ben. Ah, e por certo, a ver se e verda e o ano novo che trae o q ti queiras.