lunes, 18 de febrero de 2008

Rosario


Pois si, esta semana tocoulle a "ROSARIO DAS MARIAS", unha muller moi cariñosa, moi interesante, moi entregada ao que fai. Esta nosa Rosariño é unha pasada, canta estupendamente.
Ten sempre unha seguridade impresionante e eso fai que sea única enriba dun escenario. Ademais ten unha nena preciosa, Carme.
Eres O MÁXIMO!

12 comentarios:

marda Bouzas dijo...

Ola miñas rulas (incluída a nosa Bea):
Primeiro agradecerlle a Bea os comentarios tan sentidos e bonitos que fixo, que sepas que nós non te olvidamos tampouco e ojalá volveras ó grupo (que se pasa moi ben tía...vuelve a casa vuelve....)
Esta semana toca falar da nosa RO, pois ben.. coma sempre xa o dixo todo a nosa NOE (que por certo pa próxima cea, nin dúo nin jaitas ven ela e xa fai a festa). Volvendo ó tema, Rosario é ESPECIAL, é todo cariño, sensibilidade e dulzura. Unha persoa que cando precises algo de calma e tranquilidade recurre a ela porque sempre ten unhas palabras de acougo. E profesionalmente... é unha artista coma a copa dun pino:canta ben, toca ben pero o máis importante é que non se lle suben os fumes á cabeza.
E sí, sí, ten unha nena coma un sol de juapa e lista( "de tal palo tal astilla" e incluo ó pai que é un encanto, antonio brey, antonio brey...)Un bicazo pos tres.
E bueno.. pouco máis, comenzamos a semana, esperemos que con bo pé.Un muá pa todas, as daquí e as de acolá. Bueno segue en pé a proposta de ir ó balneario a pasar unha tarde, hai que argallalo eh, a ver que día nos ven ben. Aburiño ioguriños

beacarabel dijo...

Bos días raparigas!!!!
Empezastes ben a semana???
Espero que si. Xa non sei q dicir da nosa Rosario q entre Mar e Noe xa o dixeron todo, pero ti xa sabes que todas te queremos con locura e q non nos saen as palabras para describilo....
Moitos bikos para Rosario, para a preciosa nena (q tou desexando vela) e para o papa tamén...
E pra todas claro!!!!
Ah por certo!!!! Estou de acordo con Mar en q pa proxima xuntanza contratamos a Noelia q o fai xenial.
Un bikazo morena

Suelen dijo...

HOLA RULAS.....esta semana tócalle a nosa Rosario.......pois que decir dela...uffff...dificil....sempre entregada a todo o que fai....ten unha voz que xa lle gustaría a moitas (eu incluida).....e ahora tocoulle ser nai...ten unha nena preciosa, CARME, que vai crecer xunta uns pais que morrerian por ela....e ojalá salga coa voz da nai.....porque o resto é do pai, non hai mais que vela......
Dende aqui mándovos un bico moi moi grande para os tres....que o merecedes todo........
E bueno, que mais......eu quero ir a ese balneario...si si si, faime moita falta....si señor, unha tarde de relax, ríndome e descansando........xa falaremos haber cando imos.....
Veña, deéixovos, vou seguir traballando.....un bico pa todas rulas.....
¡¡¡NOEEE!!!! ¿que tal o primeiro dia de choio??? conta, conta, ¿cantos coches vendiches xa? un bico moi grande pa ti tamen.....

Anónimo dijo...

HOLA!!!!!!!!! A todas!!!!
De momemto ainda non vendin ningun coche, porque para eso hai que saber algunhas cousas, pero o que si é que o paso bomba, tratanme de maravilla. Nunca me levantei cedo de tan boa gana como agora.
Esta moi ben,e ademáis fago moitas cousas que me encantan, andar en cincuenta mil coches, cargar baterias de coches... E o mellor e que teño unha mesa campal con tlf, e teño que collelo e todo...jaja como se fora unha secretaria... Ah!!! O máis importante, teño ordenador...jaja Por certo, un dos que ta no taller ta coma un "quesito".
Moitos bicos a todas. Quérovos...

marda Bouzas dijo...

OI oh, que envidia, o viernes mismiño douche o meu CV e se tal fajo da túa secretaria e todo. Que guay tía, alégrome moito por que estés contenta. Xa verás como vas vender coches a punta pala, vas ser a number one vendendo coches, e despois vante convocar ás conveccións e despois nombrante jefe nacional e despois xa te codeas co director general e despois..... xa me colles de secretaria, que che parece?
Bueno bkos pa todas e vou traballar que outra cousa nesta empresa desta nuestra comunidae, non pero traballo diolo paje...

carmen dijo...

hola mozas! por fin , a ver se desta vai, porq non fago mais q escribir e escribir e non hai maneira de comunicarme.

carmen dijo...

Bueno, agora q xa comprobei q si q vai esto de internete, solo dicirvos q me parece unha boisima idea o do blog, e q de ves en cando botovos un pouco de menos(por encima estamos en eleccions e esto esta q arde). Da nosa Rosariño dicir q e a mellor do mundo mundial e q non teño palabras para describila, porq me quedaria a medias.Solo dicirlle a ela e todas vos non cambiedes nunca, q sodelas mellores e q o mundo seria moi aburrido sin vos. Xesus!...estou un pouco conas, non? ijual e o embarazo....moitos ,moitos bicos e vemonos pronto. muaaaaa

D'Generoso dijo...

Hola mozas!!! Como vai todo?
Bueno... Rosiña... coma ela ningunha. Decir dulzura é quedarse corta, decir artista hai que poñelo con maiúsculas, calquer cousa que se diga dela é insuficiente. Carme é moi afortunada, sin duda. Non cambies nunca miña nena...
Bea... que ben que podemos tar un pouco máis en contacto a través do blog... a verdá é que estes inventos son unha maravilla. Digo coma Mar... vuelveeeee a casa vueeelveeeee!!!!
Mar... se qués falo co meu xefe e veste pa aqui, que fan falta un par de güevos moi ben postos pa poñer a raia a catro cholos que hai sueltos polos barcos, sin duda íbala bordar.
Carmen... miña neniña... que pouco falta eh? Da vértigo pensalo... fai NADA tábamos na escola e ahora... dios... que tan increíble son a vida e a naturaleza humanas... Esa criatura tamén vai ser moi afortunada, sin duda.
Noelia!!! Como te deixen a ti por diante xa che digo eu que te fas a reina do concesionario... quen se vai resistir a comprarche a ti un coche??? Que te poñan ahí diante XA!!! Ánimo juapa... e moita sorte, anque co teu potencial non che vai facer ningunha falta.
Sofi... a ti quixera decirche un millón de cousas pero non sei nin por donde empezar. Como pode haber xente tan necia que bote a perder a unha currante coma ti? Non me cabe na cabeza. Admiro esa forza coa que aguantaches ahí todo este tempo, a pesar de toda a borralla que che caía dia tras dia. Non te merecen, desde logo... eles o perden. Ahora un pouco de relax... un pouco de descanso, un pouco de solete, uns viños, uns paseos, a túa casiña, a túa familia e... xa virá o traballo no que as personas non estén tan cegas nin sean tan necias como pa non ver máis aló desa apariencia de toxiño. Unha profesional como a copa dun pino con un corazón coma un templo.
Eu tamén tou algo conas.. mais non é de embarazo, jijijiji... sólo que, estando aqui, vense as cousas desde outra perspectiva. As miserias diarias que comparten contigo son máis instructivas que calquer universidade. Aqui compréndese perfectamente o de: la vida es un ratico, un ratico nada más.
Bueno miñas nenas... a TODAS un bicazo campal. Portádevos ben... contádeme algo por favore da festa do sábado, que quero sabere o que me perdín...
Hala ruliñas. A pasalo ben. E as que non escribiron nunca... Rosario, Anxos, Susana... animádevos!
Chau mozas!!!!

marda Bouzas dijo...

Ola Carmiña, que janismas de ver ese cativiño e ti de botalo fóra ¿non?, tou dacordo coa nosa Cris, que afortunado vai ser con eses pais tan maravillosos que ten, non cambiedes e arriba Cambre.Un bicaso.
Ola Cris, canto tempo tía, vexo que a morriña empeza a aflorar, non me extraña eu xa a tería nada máis pisar chan de Ecuador, ánimo que xa falta pouco e cando volvas imos balneario, que boa falta nos fai a todas. Un bkño e coidate.e se hai que ir aí vaise e punto, pero bueno jarrulos tamén os teño aquí pa poñer firmes, eso é o malo que os hai en tódolos lados, bueno... non haxa outras peores..
Con respecto ó de Sofi, totalmente dacordo, xa lle dei a miña enoraboa porque ajora vai saber o que é calidade de vida, porque nesta vida non se é feliz por facer todo o que se queira se non porque o que se faga querelo facer. Os traballos perfetos non existen pero o que está claro é que se vales ( e ti vales Sofi) vas atopar un no que te valoren ou polo menos que non te puteen, que moitas veces é o que vale. Así que ánimo e pa diante que hai vida despois dese sitio e persoas millores ca esas por descontado. COmo decía un jefe meu " Todo llegará". Un bko e Forza Sofi.
O da festa Cris,foi a cea da asociación Raigañas, e a verdade é que fomos moita sente nova e ó máximo, había un dúo pero nun momento deixáronlle cantar a Noelia a de Pasión de Gavilanes, que brío de artista miña naiciña, fixémoslle a ola, un portento a Noe esta, Chenoa a lo bravo..
E tamén veu o noso Miguel de Cances e fixo unha misa con Josefa de monaguillo, xa te podes imaxinar a comedia qe fixeron, á xente justoulle moito, sobre todo coa versión da cabritiña. E pouco máis cocido, alcol, orellas, alcol, música... e dixen alcol? Bailamos ata as 4.30 da mañá, verdá Susi?, os tacóns baixaron a lo menos 3 cm e os Kg al´jún que outro. E bueno vou traballar aljo que pa eso me pajan. Esto es to, esto es todo amigos...
Bikos tamén para as que non dan atopado o tranganillo pa escribir e para as que sí o fixeron como a nosa Bea que é un solete.

D'Generoso dijo...

Bueno eh? ... por dios bendito mandádeme fotos, vídeos ou calquer documento gráfico que poida haber (que seguro que o hai) pa ver eso... a Noelia imagínoma perfectamente. Aquí tou eu o resto que se arrede! Seguro que nun movemento de baile barriu ó dúo fóra do escenario... De Josefa de monaguillo tamén me podo facer unha idea... pero tou abraiada co de Miguel... De cura? Cantando a cabritiña? Esto é novo pa min!
Susi bailando? como non... xa me enterei tamén que Begoña se fixo moi amiga de certa botella de LicorK.. tampouco me sorprendiu demasiado, jijijiiji (Un bicazo Bego... eu taría ó lado coa de Orujo) Mar acabando cos tacóns tampouco é novedá, jiji... Vamos, que o pasástedes chachi piruli... o do cocido é secundario, anque eu atalora quen me dera un bo cocido.. e unhas filloooass...!!!!!

Bueno juapas... ehí vén o fin de semana... este promete ser algo máis aburrido co anterior, pero bueno... a única ventaxa é que vou poder disfrutar da ceremonia dos Oscars sin ter que trasnochar nin madrugar nin nada de nada... Así que... voume agenciar dunhas cerveciñas, unhas patacas fritas e algo de chocolate e a esperar que lle dean o Oscar ó noso Javiere.
Moitos bicos pa todas, pasádeo ben, aproveitade ese tempiño primaveral pa cargar as pilas, uns ajrús pa botar fóra toda a carraxe e... a vivir!
Chau mozas!!!! Sóde-las melloriñas do mundo mundial!

begodomanso dijo...

Menos mal que xa dei coa cousa, non daba posto o comentario.A miña comadre sobralle enerxia para parar un tren ,en fin ,boa falla lle fai, pra tirar de tantos carros xa se sabe,uo tiras ou rachas e ela é das que tira e as veces tamén racha,que boa es.Susana de Martiño muller de temple e sentidiño menos cando bebe je,je,je,é unha broma nin asi se descompón.Miña nena quen tibera esa dozura para cantar.Rosario que sorte tivo Carme, e un luxo durmir cas túas nanas,e imposible non soñar cos anxiños.Os fillos quereselle moito,estalo facer moi ben.Sofia, non sei de que vai a cousa imaxínoa hoxe falamos ánimo.Cristina como di a nosa Merce "dende galicia ,un saúdo para ala",o tempo logo pasa,e a recompensa é boa,UN BICO, E NON TE POÑAS TAN MORENA.Noe,vai aumentar a venda dos coches por miles "porque tú lo vales"grazas.Susana de cobiñas,xa case es máis de Cerqueda que de Malpica a terra tira moito e o licor café tamén je,je,je,.Anxos a ver cando escribes aljo,deixa de ver a tele e vai o ciber.Un bico pra todas ata a noite.

Sofía dijo...

Boas!
Vou aljo retrasada... pero máis vale tarde ca ...
Pa Rosarito: non podo engadir nada que non dixeran as outras. Como cantareira: un 10 (voz, oído, pandeireta). Absolutamente completa. Personalidade: faste querer, e moito. Sensibilidade especial. E como nai... increible verte con Carmen, coidala, cantarlle.... Un bico.
Pa Carmen: outra futura gran mamá. Estás na recta final. E nótase no conas, jijiji!!! é broma, xa sabes. Tesnos que buscar unha actuación por Bilbao e así xa non vamos ter disculpas pa non ir todas.
Bea: VOLVE!!! (o grupo)
Cris: VOLVE!!!! (ó pais) Deixa os ecuatorianos dunha ves e volve pa xunta o teu marido (máis pa xunta nós). Hasta che daría un biquiño e un abrazo (jiji!!!) Hoxe voulle poñer uns pinchiños a Emilio, pero me da que non lle van saber coma os que lle fas ti. Por certo, gracias polas palabras do outro día. Obrigado (a todas en realidá). Que por certo, xa está, xa foi. Necesitaba marchar dalí.
Noe: gracias polo blog, polas dedicatorias pa todas... e genial o do traballo, digo coma Bego, as ventas van ir en aumento fijo.
Bego, tardaches en escribir, pero nun breve párrafo cantas cousas boas dixeches. O mesmo pa ti, vaia forza que tes. Eu de jrande quero ser coma ti.
E as que falan por escribir que lle vaian dando, eh.
Bicos