lunes, 11 de febrero de 2008

Susana


Esta sempre sonriente muller que vedes é "SUSANA DE MARTIÑO", a muller coa voz máis dulce que escoitei. Ten a quen parecerse, porque a sua avoa canta de vicio( Dolores de Martiño, que puxo o broche de ouro no disco de Raigañas co cantar de Cerquerda). Pois, ¿que dicir dela?, que é alegre, cariñosa, guapísima... Que eres ESTUPENDA!! (Ah! que ainda che temos que ir tomar o café, chupito e biscachón o teu piso, que non se che olvide, jaja...)

12 comentarios:

Suelen dijo...

HOLA MOZAS, BOS DIAS A TODAS!!!!! ESTA SEMANA TÓCALLE A SUSANA, A VOZ MAIS DULCE QUE ESCOITEI NUNCA.....¿QUE DECIR DELA?......POIS QUE SEMPRE TEN UNHA SONRISA PA TODO O MUNDO, UNHA PALABRA NUN MOMENTO QUE CHE FAI FALTA.....EN FIN, UNHA PERSOA CA QUE SEMPRE PODES CONTAR.......
PERO BUENO, NON ME VOU POÑER MAIS MELANCÓLICA......QUE INDA É MARTES, SON AS 10 DA MAÑAN E TA EMPEZANDO O DIA.......

VEÑA, UN BICAZO A TODAS......ABURIÑOOOOOO

Anónimo dijo...

Bos dias!!!!!! Como andamos polas Españas? Así que sí eh? Susana de Martiño? QUERO UNS DENTES COMA OS TEUS. E si ós dentes se me lle arrima algunha cordiña desas dulces pos... mellor! Por suposto que me apunto ó café, ó chupito e ó biscochón... Non vos atenten os demos a quedar sin min eh???

Vos cuento... o viernes fun a unha "maniquería"... a facerme unha "maniquiur" e mais unha "pediquiur"... auténtico total. Unha casa miña probe toda destartalada. Unha muller de raza negra con pelo en trenciñas limándome as unllas mentres tiña os pes a remollo nunha palangana de plástico. Unha señora maior sentada un pouco máis aló vendo a telenovela das 4. Unha nena duns 5 anos rechonchiña toda coqueta xogando por alí.. un ventilador de aspas todo vello... Tal cual unha película destas que se suele ver de Cuba ou así. Paseino pipa. Rinme un lote e ahora teño as unllas das mans e mais dos pes que da gloria velas... a la francesa, pero sin ovos. jijijijiji.

Pouco máis... non sei como tará Karmele Marchante coas picaduras dos mosquitos, pero a min xa me viñeron visitar.. e eso que me baño en repelente, pero basta que me despiste unha vez pa que me ataquen duramente estes cab... e eso que este ano non hai moitos eh? pero bueno... debo de ter entre eles un bo club de fans incondicional que me esperan ano tras ano ansiosos por deixarme seca.

Bueno juapas... moitos bicos pa todas... a quen non lea mandádelle recado, portádevos ben, no me sean maliiiiitas, cantade moito e tomade moitos viñotes, que son bos pa salú... eu aqui onte paramos nunha terraciña que fan unhas piñas coladas que se salen do mapón!!!! YUJUUUU!!!! Pa ir afogar penas, anestesiar picadas de mosquitos e deixar que aflore a risa tonta, jijijiji... a falta de albariños, riberas del duero e mencías ben vale a piña colada.

Salú! E d'oxe nun ano!

Anónimo dijo...

Debéchedes quedar ben reventadas do antroido... jijijiji... non se vos cheira polo blog...

Aaaaiiii... diorrrrmiiiiiooooo.... que tanto asúcar co St. Valentine's Day.... alabadiño sea o ceo, que tan todo o dia con anuncios de restaurantes que te ofrecen "la cena más romántica y un cóctel I Love You".... un cóctel ailoviu??? vós vístedes cousa ó paso...? música conacheira todo o dia e veña poemas pola radio...??? vou potar dun momento a outro...

Que teñades un bo dia... ailovius everibodi.

PD. Noeeeee!!!! ahora como fago pa poñer o Alias? este conto cambiou... pídeme un URL... eso que é? un análisis do ADN??? Son Cris!!

marda Bouzas dijo...

Ooooola morenazas:
Primeiro toca opinar de "prima aquí primaacolae", dicir que a parte de ter unha voz que aplaca e calma a calquer bestia, e non tan bestia, salvaje é pa min unha boa amiga, coa que comparto cousas tristes pero, jracias a Deus,moitas moitas alegres.É unha das poucas persoas que me conocen de verdá e que entende tódalas parvadas que fajo e dijo... É unha tía de p... madre.
Ola Cris, qué muller como che vai por aí, a pena é que non poidéramos ir todas uns díiññas pa coller lurdas de piña colada e acabar coma chuzas, jiji, tiradas nunha praia, taría de vicio. Bueno don´t worry que cando veñas xa a colleremos de mencía e ijual acabamos tiradas na Cunca.Cóidate e disfruta.
Ás demáis o mesmo vos digo e bkos pa todas.
Sínto por non blogear moito pero estou no traballo algo saturá e noutras cousas tamén... o caso é ter salú e o resto ha de te solución. Aburiño.

D'Generoso dijo...

FELIZ DIA DEL AMOOORRRRRRRRRR Y LA AMISTAAAAAADDDDDDDD!!!!!!!!!!!!!!!

Neste país onde o amor e a amistad afloran cual margaritas en primavera, rezuman por todos os poros, onde levan toda a semana esparcindo polas ondas radiofónicas poemas e cancións románticas pa prepararnos pa este gran dia... esta madrugada desperto co ruido dunha ráfaga de disparos ó outro lado da rúa. Quedo na cama aghochadiña, escoitando a ver se volve a calma. Sempre se escoita algún disparo, nun momento determinado, cando a noite está en calma, pero nunca me cadrou de escoitar semejante "balasera". Un coche sale derrapando, a todo meter, e volve a quedar todo en silencio. Volvo a quedar durmindo porque claro... que vou facer... se a policía non se digna a aparecer non serei eu a que vaia asomar o nariz a ningún sitio... A policía aqui teno moi claro... pa que ir meterse no medio dun tiroteo? non ves que poden resultar feridos? Máis tarde coméntanme na oficina que eso é algo habitual... a policía se cadra recibe o aviso ou se cadra non... pero si o recibe cóidanse moito de aparecer cando xa todo terminou, pa levantar acta dos mortos e... se cadra... iniciar unha investigación. Supoño que mañán sairá a foto do desgraciado ou desgraciados que foron tiroteados onte... porque eso si... a policía non aparecerá, pero a prensa ta alí cual lostrejo... e se pode captar nunha foto o último alento desangrante do desafortunado moito mellor... o seu periódico ó dia siguiente será un dos máis comprados. Eso é o que vende. Prensa do corazón? Pa pijos e xente bien. A xente da calle quere ver sangre, eso é o que vende aqui.
Mentres tanto, amanece, imos pa oficina coma tódolos dias, e todo o mundo se está felicitando neste dia maravilloso del AMOR y la AMISTAD.
Tócate los cojones.

Sofía dijo...

1º o comentario pa Susana de Martiño.
Do da súa voz non podo engadir nada máis. Bueno, unha cousa si, que cando canta o conto ese de "... Joseíño meu amor, Joseíño meu amor... este mundo é jañadoor."
PELOS DE PUNTA!
Pero do que máis me impresiona dela, sin duda é o seu carácter e a súa templanza e fortaleza ante as adversidades.
Ah, e tamén as risas a dúo ca "prima aquí primaacolá".
Por certo, "primaacolá", non sei se o dixera na páxina dedicada a ti, pero por si las moscas... á hora de falar de ti, de describirte, faise moi complicado. Se teño que elexir, digo, AMIGA. Ademais de agradecer a túa dedicación, e que gracias o teu esforzo se fagan a maior parte das cousas.

2º San Valentín pa de Generoso. Joer, xa se ve que estás encantada vamos. Debe ser tremendo ese romanticismo por todas partes. Pero o que si, cando contas as historias esas de película de vaqueros.. dan jana de coller un avión, e irte buscar ahora mismo. Joer, dille ó teu jefe que se apañe el soliño e volve a cruzar o charco anda.
3º Rosario, que nos comentaron que a página esta se che complica. A verdá, as veces escribes 3 veces e non hai maneira. De todas formas, decirche que: volve ó ensaio, porfa. Ánimo e bicos, pos tres.

Bueno, e xa vou parando, que san valentín ó final aféctame a min e parece que ando medio conas. Non sijo dunha en unha que somos moitas. E hoxe xa lle tocou á mitá.
Ah, Susi, que ahora temos dous blogs a escribir e esto é un estrés. jijiji!!!

Suelen dijo...

Pois si, temos 2 blogs, un lio, ando a mirar todos os dias os dous pa saber o que poñer en cada un deles.
¡¡¡Crisss!!! volve pa casa canto antes, non me justa nada de nada eses tiroteos que contas....joder.....póñenme a carne de galiña che.......
Hoxe por fin é viernes.....non me daba chejado....con respecto a onte, día dos namorados, pois un dia coma outro calquera, non vin nada fora do seu sitio.....bueno.....teño que admitilo.....a min regaláronme un ramo de rosas....jejejejjejje......aiiiiiii.......pero polo demais todo igual que sempre.
Bueno, hoxe xa nos vemos no ensaio. Eu vou empezar o día que inda non fixen nada de nada.
Veña, bicos pa todas...........

marda Bouzas dijo...

Ola rulas:
Eso, eso, Cris colle o primeiro avión que encontres e volta pa casa e se atopas a un deses foraxidos dille, "eu non vou deixar escapar a rapaza JOHN". Joer cando lin o relato parecía tal cual unha novela de HITCKOK (ou como se escriba). Bueno aparta desas lerias...Bkos
En canto á Sofi, moitas gracias polo de amiga(é recíproco)a pesar de que son unha persoa difícil, moi difícil de describir(polo meu carácter, supoño); pero síntome orgullosa de ter xente ó meu lado coma ti.
En canto ó día de onte, normal, bueno a diferencia doutros días comín con JAvi. Pero eu son das que penso que é un día de consumismo e que calquer outro día é bo para demostrar o cariño hacia unha persoa, así que oxe por exemplo é o meu día particular de SAN Mimosín así que bikos e abrazos pa todas, ánimo, viva a vida, hai que disfrutala mentras se poida. Tuven pensando en facer un sábado pola tarde unha xuntanza das cantareiras: o plan sería ir ó Balneario de Cuntis e pasar alí a tarde, relaxándonos, ríndonos e disfrutando, que vos parece?
Ala Feliz día de San Mimosín.

D'Generoso dijo...

Bos dias de San Mimosín!!!! Mólame a iniciativa de xuntanza - balneario. M'apunto! Se a facedes antes... apúntome pa siguiente!
Aqui onte o dia de S.Valentín era de coña... chegaban tripulantes á oficina con rosas pa Ursula mais Yahayra e quedaban tradados cando me vían, coma quen... vaia desprecio que lle tou facendo... e todos disculpándose conmigo por non traerme unha flore. Eu decíndolles tranquilos chicos... si con la intención ya me sirve... jijji... e pola noite flipas... un ambientazo campal, xente por todas partes celebrando ceas, en karaokes, bebendo na calle, un tráfico campalísimo... parecía un dia de festa nacional.

O do relato iba máis ben en plan... o contraste entre tanta conachada de amor e tal... e ó mismo tempo a realidá de todos os dias, de asaltos, roubos e asesinatos. En certo modo entendo que se refugien en telenovelas e San Valentíns pa, dalgún xeito, evadirse desa misma realidá. Xa vimos hoxe quen era o que mataron. El "gordo Pérez". A verdá que coa pinta que tiña (porque póñenche unha foto co tipo ahí desangrado e ó lado outra foto do tipo en vida)o que me extraña é que non o mataran antes. Disque por líos amorosos. Defina la ironía: que te maten por líos amorosos no dia do AMOR. Hai que joderse.

Bueno mozas... Un bico moi grande pa cada unha, en especial pa aquelas que, según se pode ler entre líneas, non están pasando por unha boa etapa. Pensar que tamos de paso e que cada minuto é único... Non se me dan ben estas cousas... quen me dera poñer sobre líneas todo o que sinto pero... en fin. Que nada. Que vos quero moito. (Hala... xa me deixei contagiar pola conachada de Saint Valentine's dei)
Pois eso. Moitos bicos. Saludiños ó noso Alejandro. A ver se se acorda de min á volta, que non pase coma o ano pasado, que botei fóra un mes e o moi jodido nin conta se dera... CAAAAAA!!!jijiji...
Chau!!! Bo fin de semana!!!

beacarabel dijo...

ola!!!!!
Moi bos comentarios si señor,
e moi boa a cea do entroido!!!!
Que dicir de Susana, pois que a considero como unha boa amiga (ainda que as outras tamén eh) e que ten unha voz q pon os peliños de punta!!!!! Moi boa persoa etc etc etc..........
Bueno nenas xa sei q vos teño un pouquiño abandonadas pero avisademe cando sea o dos chupitos q eu tamen me apunto, jijijiji
Moitos bikiños a todas!!!!!!!!

su dijo...

ola parrulas

Anónimo dijo...

dddddddd