Esta semana o blog vai adicado a dúas Raigañas moi importantes, a nosa Cristina de Generoso e a nosa Begoña do Manso.
Cristina de Generoso, ou tamén alcumiada Cristina das Voltas nos Bosques de Cuentos, o seu nome artístico desde o seu debut na teleserie da galega Alalá, está de cumpreanos. Esta fermosa muller de ollos pretus e feiticeiros, con ese pelaso moreno, ese corpiño coma unha pêra, ese olluelo cando se ríe..... vaia que se quite de diante a Miss Ecuador que Miss Faneca Brava arrasa por onde pasa.
Cris FELIZ CUMPREANOS de parte das Malvelas. Queremos que cumplas moitos mais.... alo menos ata os 100 e que nós o vexamos..... IMAXINA..... no bar do asilo celebrando o teu 100 tomando uns mencías e riveras del duero e unhas tostas...... bueno pensando millor unha papilla de tostas.......Mandámosche tantos bicos coma anos cumplas.
A outra protagonista é Begoña Mansa e Adorada , esta Raigaña está a superar outro dos seus retos e vaino conseguir claro que si.... PORQUE ELA O VALE. É un exemplo a seguir ..... non hai nada nin ninguén que se lle resista, pode con todo e con máis e desta vez non vai ser menos. Así que Bego, as Malvelas querémosche dar moitos ánimos para que te recuperes pronto. Un bikazo e ADIANTE VALIENTE.