sábado, 23 de mayo de 2009

Topos no desfile de Victoria Secrets.


Segundo informa a axencia EFE, dúas infiltradas foron sorprendidas cando pretendían usurpar a identidade de dúas maniquíes no prestixioso desfile da firma Victoria Secrets. Fontes oficiales da investigación afirman que as detidas, que responden ós nomes de Isabelle Bundchen e Yosefinka Kurkova, son topos contratados por outra marca de roupa interior para plaxiar a súa colección primavera-verán 2009.
"Non somos ningunhas tiopas!" afirman as detidas.
Despóis de tomar declaración, pasarán a disposición xudicial.

12 comentarios:

marda Bouzas dijo...

Declaración dunha testigo ó reporteiro de Cerqueda en Direuto: "A min xa me tiñan pinta de delicuentas de brajas, eu xa as vía vir, porque tanto ir ´DOlce Gavanna" aljo quería dicir. Eu ás veces oías falar de roubar brajas, e sosténs pro nunca fun á policía porque unha tenche medo, sabes?"
Devolvémola conexión ós estudios centrales de Generoso pa que nos sijan contando, non sin antes felicitar a unha das malvelas a BELLA ACTRIZ de Carballo, felicidades e que sijas tan juapa e alegre coma sempre.

beacarabel dijo...

MOITAS GRACIASSSSS!!!! Xa fai tempo desa foto ehhh??? e tendes boa imaxinacion ohhh!!! q nn se vos ocurrirá, jajajajaja

moitos bks a todassss!!!!!!!!!!

Suelen dijo...

Hola juapas!!!!!

Antes de nada felicitar a Bea, ¡¡¡FELICIDADES RULA!!! non sabía que era o teu cumple. Espero que o pasases moi ben o finde e que cumplas moooooitos mais, (e que eu os poida ver)

Dito esto, aqui andamos Mariña mais eu, ela durmindo e eu aproveito pa poder escribirvos. O finde ben, bueno, normal, sin nada en especial que contar. Mariña cada día está mais grande e reboluda, danme ganas de comerlle as patoufas, jejejejejeje.....

En fin, xa vos deixo.....bicos a casa e abrazos o palleiro.......moitos bicos pa todas.....

D'Generoso dijo...

Bos dias a todas!!! Espero que tivérades un bo fin de semana e que este luns se presente tranquiliño e sin moitos sobresaltos.
Bea, cóntanos que tal che foi de pachangueo cumpleañero por Santa Comba.
Noelia, cóntanos que tal che foi de autocross.
Susi, a min tamén me dan ganas de comerlle as patoufas a Mariña... o medo que teño é que, se me arrimo, se cadra cómeme ela a min! Na miña vida vin pequerrechiña con tanto apetito, pero é o que ten que facer... comer e durmir. (Que vida máis dura!) Xa teño ganas de vela outra vez, supoño que dende o sábado pasado xa estará cambiadísima...

Sefa! Quero a receta da empanada de mexillóns mais a da tarta de callada, teño que practicar para sorprender ós meus en S.Xoan.

Isa! Tamén quero a receta do kitchen little, que taba ó máximo.

Que máis quero...? (aparte dun chalé con vistas ó mar e dunha lotería que me quite de choiar) pouca cousa máis...

Vou seguir ó choio. Bicos a todas e que teñades unha boa semana!

marajota mecanica dijo...

¡Non entendo como actuades con semellantes saias e "tocas" e panos na cabeza,¡parecedes as mulleres dalgún talibán!, cando a vista está que deberíades liberar as vestiduras que vos oprimen...
¡Vos mesmas!
¡Que vaia aprendendo o F.B.I.!

marda Bouzas dijo...

Ei malvelas queridas....
Pois vai ter razón a marajota esta... vamos ter que mostrar os nosos encantos e deixarnos de andar tan recatadiñas, neverdá?
Que tal o comenzo de semana? Creo que mañá ven o bo tempo así que hai que ir depilándose eh!
Susi que tal esa nena preciosa, polo que contas de maravilla, comer, durmir e ca..ar,´nin máis nin menos o que ten que facer e ti a descansar que ben o mereces. Un bkño pas dúas.
Ó resto que faltou á cea(Noe, Bea e Eva) pois nada pa próxima porque esta xa foi, por cierto que lo pasamos moi bien... eu acabei deixando o coche en Carballo, teño que comprar un que conduza solo e punto.Destas hai que facer polo menos unha ó mes, de feito pa Xuño xa hai que argallar outra que temos aquí á nosa Carmiña así que hai que ir mirando como ta a axenda pa un viernes ou pa un sa´bado do mes de xuño, a pensaaaar.....
A colación de pensar, onte Begoña e máis eu fumos ve COn canto Donaire, unha nova proposta das cantareiras de Donaire8 das maiores). A min particularmente gustoume, son pezas tradicionais con arranxos e facéndoas máis modernas e folkis, non sei moi ben como catalogalo pero o cambio gústame. POis ben, penso que nós debemos darlle unha voltiña á cabeza e facer unha actuación diferente, algo entretenido e divertido, aproveitando a nosa ale´jría pero con técnica incluída. PArece fa´cil pro non o é, a min ocúrreseme algunha cousiña pa facer un espectáculo riquiño e non sei... presentalo en 4 sitios, non sei un aliciente e unha alternativa a un novo disco... xa vos comentarei... ó millor son " maradas" pero creo que o bo rollo que temos temos que aproveitalo e tamén traballar un pouco máis. Eu empezaría por quedar os venres un pouco máis (despois de que marche Alex)ensaiando e pensando cousiñas para mellorar nas actuacións e incluso ensaiar cousas que non nos saen a algunhas.....que dicides? será apuntar moi cara arriba.... está claro que é renovar o .....
Bueno rulas despois deste tocho de cousas que desbordan da miña cachola, desexarvos a todas que teñades boa semana e un muá jrande.

Vinte renqueante dijo...

eu xa vía con un sonriso de orella a orella a Julián e a Miguel, pero crín que habían xogado a bono-loto.¡jobá´....!

Vinte renqueante dijo...

que creo que "Isabelle" e "Yosefinka" foron vestidas así para a casa.de ahí o sonriso deles.

D'Generoso dijo...

Anxos... non te esfoles escribindo eh? jijijiji...

rosarikqdkik dijo...

hola meus corazóns,antes de ná moitas felicidades meu Carabel,que me acordei o domingo e despois foiseme e cando me volvin a acordar xa iba pa camiña.Polo que vexo a nosa Mariña anda de maravilla ,así da justo ter fillos.Ó resto dicirlles que moi ben a cea do sábado e apuntar que ten reazón Mar, hai que repetir !!siquiera rimosnos un cacho e desconectamos da aburrreduría,perdón quería dicir da monotonía, anque pensando ben debe selo mismo non? E con respeuto ó de renovarse ou morrer tou dacordo pero non creo que eso vaia cas pandereteiras mais lorchanas que hai sobre la faz de la tierra que por se aljunha non sabe quen son direi que temos janado ese jalardón a pulso ó larjo de non sei cantos anos,e esto non quere dicir que estea nejativa.
Bueno neniñas marcho que teño que ir seja-la herba senón despois dinme que son lorchana.Un bicazo moi jrande a todas e Änimo a Carme que xa lojo nos vemos

Anónimo dijo...

Hola! Pois si, eu son a mais lorchana de todas, reconozo!!! Bueno, esta semana tuven bastante atareada e escribo oxe asi nun plis!! Operouse miña nai o luns e entre o traballo e a casa tuven abondo. Espero ir por fin o venres o ensaio. E tamen espero ir ver a Mariñaesta semana, q a jripe do cocho xa me marchou e ajora podo ir. Moitos bicos a todas.
Noe do Manco

Anxos dijo...

Hola nenas¡¡¡¡
Vaia sábado mais chuli pasei¡¡ Fun cos do gimnasio facer barranquismo o Ézaro, toda unha experiencia, solo por ver a paisaxe xa mereciu a pena ir, ademais de descargar adrenalina, claro. Tiramosnos en pozos de augas cristalinas, baixamos con cordas e arneses por paredes verticales, tiramonos en tobogans naturales... O peor foi a sorpresa do final, depois de desdender por unha parede duns 60 metros paramos en unha coviña que habia uns 25m antes de chegar a auga, antes tiñas posibilida de tirarte por sitios menos altos, pero alí non habia mais pa donde ir, ou te tirabas ou te tiraban, a min tiraronme, xa llo pedin eu, si non estariamos alí hasta a noite, o final non foi pa tanto, e disfrutei moito, foron 5 horas de saltos, auga, e risas. FANTASTICO¡¡
Podedes ver todo o que fixen en youtube, non somos nos, claro, pero e o mismo recorrido: barranquismo no Ezaro. Un bico¡¡¡