viernes, 23 de enero de 2009

Pero sigo siendo el rey!


Despóis do paso triunfal pola televisión, e con miras a diversificar as nosas aptitudes musicais para chegar a todos os sectores da poboación, as cantareiras de Raigañas decidimos publicar un novo disco de Greatest Hits versionados en clave de rancheiras, copla, acid, jazz, blues e hip-hop.
Neste novo disco que sairá á venta en breve, poderedes escoitar a Punteada rapeada de Cerqueda, o Blues do cantar do arrieiro, e unha magnífica interpretación de Shinny Little Star a cargo da potente voz de Begoña D'adoré...
Como adianto a este traballo, xa podedes escoitar na radio o que será a canción do verán. Ritmos pegadizos mesturados con letras merecedoras do Nobel de literatura. Para mostra, o estribillo da rancheira que vai facer furor nos próximos meses:
Perdiste la boina, en mitad de la era
y ahora sin boina no hay quien te quiera...
No hay quien te queira... quién te va a querer?
Y ahora sin boina poco has de valer...
Pero sigo siendo el Rey!

5 comentarios:

marda Bouzas dijo...

jua,jua, jua como faría o mariachi Roky.Aiaiaiaiiiiiiiiii manito.esta linda cristina no sabe que discurrrrireee!
Xa vexo que lle colleches o tranjanillo ó fotoxop.... ta de pinga, se sale.... oiches pois non era mala idea disfrazarnos po entroido de mariachis e arjallar unha canción e ir polos bares cantándoa con jitarras e todo, ti que dis, ijual xa podemos estrenar aí o sinjel, nonsí? bueno xa falamos dos detalles despois.
Andeleeeeee.

Sofía dijo...

Perdichela boina ai ai ai ai!!!!!
Ahí ahí ahí!!!!!!!!!!!!
Duro que tienes duro que tienes!!!
Viernes de xantare e chupitos, falando de tanta emijración (ai que cona!!!!).
Bueno, o do carnaval creo xa ta feirado, jitarra en mano e ai manito!!!!
Bueno, a ver se sejimos e podemos ver o programa e criticar avertamente.
Abutito!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Hola, hola! Queridas raigañas, a ver se desta vez atino, porq eu e mais o blog este non facemos boas migas, e deso q o intento, pero non hai maneira. Anque non puiden ver o programa en vivo e en direto, vino dous dias despois a traves de internete, para aljo esta a tecnoloxia. Estuvo moi bonito ben e gstoume moito, sobre todo porque vos puiden ver a todas. Non cambiedes nunca e conservadesempre ese bo rollo que tendes entre vos, porque eso e realmente o que vale a pena. Moitos, moitos bicos pa todas. ah, unha cousiña, eso de emigrar.... eu xa sei que como di a cancion, NON HAI TERRA COMA A NOSA, pero bueno.... Biquiños pa todas. carmen

marda Bouzas dijo...

Ola malvelas televisivas e ola Carme, que tal vos vai, primeiro pedirche perdón por non ir o día de ano novo tomar o café ó cal me invitara túa nai, aínda que o café... pòrras, o tema era ir vervos a vós e á cativa, pero a verdade é que non fun muller hasta as 8 da tarde e malamente e daquela pois non aparecín..perdón. O do programa pois moi entrañable ( ó millor aljo demáis) pero á xente gustoulle que é o que conta, pero bueno temos que pedirche perdón porque claro demos a imaxen de que táabmos todas en Montevideo... cando a que ten máis dereito a ter morriña eres ti, pero xa sabes miña terra, miña terra...Un bko e a ver se pa próxima nos vemos.
MALVELAS, ajora vou con vós, que tal de finde, espero que ben que despois de tanto trono, tan poucoa lus e tanto vento.... en fin o caso é que non houbo desjracias. COméntovos: a raíz do projrama, suta que nos chamaron do concello de Ribadeo para que lles vaiamos facer unha xira de concertos por alí, daquela plantéxannolo como un fin de semana a gastos pagos e ademáis cobrando as actuacións e desplazamentos, teño qe contestarlle mañán se estamos dispostas ou non, o tema polo visto sería máis ben cara o verán ou finais deste porque non teñen nada cerrado aínda.Así que ideme dando opinións para ver o que vos parece vale....Boa semana a todas e bkos a mares.

D'Generoso dijo...

Ai Carmiña Carmela... canto se te bota de menos a ti, emigrante das de verdá, mais a Noa, que cada dia ta para rilarlle máis as patoufiñas...

Pois por mor do programa non sabedes o que me pasou? Fun á feira onte, e pareime diante dun puestiño que tiñan coliflor e outras cousas. Pídolle precio pola coliflor e a señora quédaseme mirando e dime: Oes? Ti saíches esta semana na tele non? E eu roja coma un tomate díxenlle que si... Díxome que lle gustara moito, e tal, e tumba... Bueno, total, que lle comprei a coliflor mais unha leituga e regaloume catro brécoles ben fermosiños da horta! Que maravilla esto de ser famosa!

Con respecto ó de Ribadeo: SIIIIII!!!!!!!! Pos claro! Pos vale! Pos ó máximo! Sólo un fin de semana? Dille que nós, postas a facer gira, podemos botar tranquilamente, sin despeinarnos un milagro, unha semaniña enteira ESO SÍ QUE É FULIADA!

Bueno mozas... Un bico moi grande a todas. Que teñades unha boísima semana. Eu estou inmersa na dificultosa tarea de averiguar a diferencia entre un portátil vulgaris y corrientis e mais unha netbook. Glups.