jueves, 8 de enero de 2009

ANO NOVO, VIDA NOVA.....



Bueno, esta é a única foto que podo subir hoxe o blog, xa que no traballo non teño ningunha das fotos que me gustaría poñer. Ésta quitámola no programa, ese que acabou xa fai mais dun ano, jjjjjj.

Esto é a leche, jejejejeje, levo un anaco mirando como narices subir unha foto, pero o final conseguino. Ahora que tanto Cris coma eu temos a contraseña, este blog pode estar mais actualizado......Admítense suxerencias.....

Ala rulas, a escribir moitooooo.

SOFIIII......¡¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!! o sábado tomamos algo en Seaia todas xuntas a tua salú...........MOITOS BICOS PA TI E MAIS PA TODAS........

8 comentarios:

marda Bouzas dijo...

Ola Raigañas, raigañiñas e demáis:
Nada oh! que tou aproveitando os últimos días estes, botando as últimas tracas antes de que os James Cojón do car..lo empezen a controlar, joer!
Pois mira ti que ajora sí que vamos ter actualización no blog, non hai faltar movemento, quero eu. POr certo, vades ter que organizarvo para pois cada semana que o actualize unha, eu sempre orjanizando, cajonocono..... é deformación personal.
Anxos, partinme de risa coa historia do Criso, pero muller.... por encima que che quería dar unha sorpresa e prepararche o xantar vas ti e queres desfacerte del Home non! o jato quer contribuír xa que está de moca no piso polo menos colaborar aljo nas tareas da casa.... pa próxima pois non si dille que che faja unha ensalada e así xa non ten que encendelo lume, ou non sei que che prepare uns bocatas.... Jatos, jatos, jatos.
Bueno xa nos vemos vale oxe, que frío redios voulle dicir a Sefa que vaia encendelo radiador para a ver si pola tarde está aquelo máis quente......

beacarabel dijo...

Felicidades atrasadas Sofi!!!!!!

e bo finde semana a todas!!!!!!

Suelen dijo...

acábanme de dicir que hai neve a altura de Paiosaco, e tamén en Montemaior, asi que, as que vindes da Coru tende coidadiño na carretera, que non ta o forno pa bolos.......
Fai un frio de carallo, pola noite abrigadevos ben pa ir pa nevera das Pozacas, ¡¡ali si que fai frio!!
Veña, hasta hoxe a noite, un bico pa todas......

Unknown dijo...

Boas!!!!!
Ano novo vida nova, está claro. Antes de nada darvos as gracias a todas, síntome super protagonista, case máis co domingo, e deso que eu non era a anfitriona. Mira que o pasei ben.... o que me acordo, claro, jijiji!!!!!!Cris, a ver que fas con ese video que dis que tes????
Hoxe como é viernes, e pa empezar ben o ano e o fin de semana, invito a xantar as afortunadas que acaban de traballar as 3, e as que vaian acabando ó longo da tarde, a un cafeíño de pota con ou sin chupitos, asejún se prefiera.

Eu acabo de levantarme porque esta semana tou de lorcha e non vou traballar, e a verdá que as noticias da radio non che me justan moito: ONDE CARALLO HAI NEVE??????? Levan media hora decindo que a autopista pa Coruña que leva hora e media cortada pola neve. As que fóstedes paló chejástedes ben???? E Rosario estará en Bandeira?? Se aquí caiu así de jordo, a ver se pode vire.
Bueno, deica despois.... vou encender a calefacción.....

D'Generoso dijo...

Bos dias!!!

Pois infórmovos eu da situación na carretera muié... Cheguei ás dez e media da mañán ó traballo. Resulta que a autovía Carballo - Coruña estuvo cortada hora e media pola neve. Estuvemos parados un lotazo de tempo, o que pasa é que como aínda non chegáramos á saída de Paiosaco, estaban desviando os coches para que foran pola carretera, así que cando me tocou pois tamén me metín, que remedio! Nada... neve gordísima e eu flipando porque claro... era como se houbera un microclima xusto a esa altura. Saías de Carballo sin problemas... Laracha sin problemas... e de repente ZAS! Retención ó canto, todos os coches parados e un capón (capa grande, non jalo) de neve no arcén. A min ocurriuseme a feliz idea (maldita a hora) de apagar o coche por aquelo de aforrar combustible. Que frio Jhon! Nada nada... a rañala, deixa ir o diesel pero dame calefacción... aisss....! E hasta aqui a crónica da neve nesta fria mañán de xaneiro. Moita precaución para as que teñades que desplazarvos en breve.

Anxos... dende logo o que non che pasa a ti non lle pasa a ninguén... Xa é bo coincidir que vaia o jato prender a vitrocerámica no hornillo da pota das lentejas... Coñas son coñas, pero se en vez dunha pota chegas a ter unha sartén con aceite ó mellor as risas transformábanse en choras... Non queira Dios!. Probe jato futuro eunuco... Non vai poder deixar descendencia.

Sofi! Requeteconfirmo a miña asistencia ó xantar doxe, total... que máis dará quilo arriba ou quilo arriba. Os pantalóns desabotónanse e punto! E tranquila.. antes de colgar o video teño que fedellar moito aínda, porque non sei como se fai, teño que falar con meu cuñado moi seriamente do tema, jijiji.... Josefa mais Isabel teñen internés? Máis que nada por saber cantas de vós me podedes cortar o jañote... jjjjj....

Bueno mozas, vémonos á noite. Bicos!!

D'Generoso dijo...

Por certo Susi... o de Ano Novo Vida Nova a ti venche ó dedillo... Que arroutada emoción!!! En serio non che da vértigo? Aisss!!!

Anónimo dijo...

HISTORIA DE CRISO II

Voume ter que poñer a escribir un libro porque este jato da pa eso e moito mais. Hoxe cheguei do traballo e estaba fora do piso, diante da porta do ascensor. Polas mañans siempre sale fostiado cando habro a porta, hoxe non me din conta e quedou fora. Viñeron as da limpeza limpar as escaleiras e quen as veria detras do gato pa deixalo diante da porta jajajaja¡¡ tuveron traballo doble. E non pensedes q o deixei fora adrede pa que se perdera eeeeh¡ No fondo querolle.
Un bico e hasta mañan¡

marda Bouzas dijo...

Ola, rulas malvelas:
YIJAAAAAAA... xa é venres, ó máximo ( como diría Rosarika cú de kika)
Bueno pa tos/as que lean o blog: martes 20 ás 21.45 da noite na galega...... gran estreno de Alalá coas cantareiras de Raiagañas. Ai miña nai que nervios, a saber como quedou o invento....uf,uf.
E nada máis porque espero vervos oxe. Por cierto, Anxos dalle unha chave ó jato eh! que asiatodo o rapaz xa é merecedor de tal privilexio.... mullerr.
Bkos a mares.