viernes, 17 de abril de 2009

DE FESTA EN FESTA... E SIGO PORQUE ME PRESTA.



Mañán toca xantar. E como todo bo xantar... non pode faltar o viño... Esperemos non rematar todas coma o neno do vídeo.

Bicos a todas! Vémonos á noite!

4 comentarios:

Suelen dijo...

Hola juapísimas!!! ¿que tal estades? por fin teño tempo pa poder escribir.......
Teño que decir que o sábado paseino moi moi moi ben...Cris, moitas gracias pola super comida, taba ó máximo, e da compañía non teño nada que decir, sólo cousas boas.....gracias por facerme pasar unha tarde moi agradable como facía tempo que non pasaba....

O sábado non prometo que estea na festa, pero dixen que facía unha pota de callos, asi que contade con ela, ¿ou xa tendes moita comida? bueno, quen dí callos, dí outra cousa que faga falta, tortillas, etc..... xa me diredes, ¿vale?

Bueno, pos na, marcho comere que teño fame....un bicazo pa todas e ata outra conexión......

marda Bouzas dijo...

Ola, ola malvelas, hoxe incorporeime ó choio e ....ajka jatrufa... milleiros de correos... e o peor todos pa xa. Pois.... NO...nadie me vai quitar esta aureola de paz, relax e tranquilidade que trouxen do camiño, así que freno ós cabalos e que se trancolizen se queren... HOME XA!
Ratifico o que di Susi, eu tamén o pasei ó máximo, de pinga, xenial, chachi piruli... en fins, moi ben. O peor foi de noite, me cajina, non durmín jota, unha taquicardia... uns nervios... todo por culpa do PO-008 ,meu deus que bo taba, taba, porque non quedou nin a proba pa Emilio, me falte cuba se non somos alcólicas tu! e bueno despois a mezcla do sifón (invento de Cris, ela dixo que era unha receta nova,jiajia, vaia ducha que levei) de tónica co harríes ou henrris ou o que sexa, tamén debiu axudar, jo Susi creo qe te duchei un pouco a ti e a MAriña, síntoo... Por certo Cris, a comida tamén taba boa eh! non iba ser sólo o bebercio, o comercio tamén taba cojonú..... e bueno dicirche, na miña vida vin tanta cubertería, e vajilla e cristalería xunta nunha casa, e atr´vome a dicir que nin nun restaurante, me cajo no raio, ó millor tamén vía eu doble ( por cierto ténoche que comprar unha copa, que xa sabes que che rom´pin unha, e que sorte tuveches porque os meus antecedentes son de máis dunha e dúas......) Bueno en fins, unha velada priciooooosa, con risas, berros, conversacións místicas ( e bueno aljún baixoncico de moral, pero esta primevera é criminal), houbo de todo pero sobre todo moi bo rollo e moi bo ambiente, que é o que conta, esta sí que é unha boa medida ANTICRISE e nos as que propoñen o zapateiro e os seus secuaces. Haberá que repetila.
Carme, que xa examinaches todalas fotiños,porque claro o outro día a penas cho deixamos ulir o cuadro, pois o dito, todolos viernes poste cara o cuadro e tocas de 9 a 10 a pandeireta e despois colles unha botella de viño e tómaslle unha copa e daquela xa parecerá que estás mismiño preto de nós, por certo NOA ta juapísima, ten a quen semellar....
Susi, non fagas nada, ti descansa, creo que callos imos ter dabondos así que non te preocupes vale, descansa e punto. Se podes vir, ben e se non non pasa nada, po ano xa vindes os tres. Veña bicos a todas e vémonos o venres, vale? A coidarse, e sede felices.

D'Generoso dijo...

Hola!!! Eu tamén o pasei ó máximo o sábado... que ganas tiña de tar con todas! Foi un auténtico placer, hai que facer máis destas. É que tábamos TODAS! As de aqui mais as de aló! Ó máximo...
Mar! A vajilla, cristalería, cubertería e demáis -ría foi cousa de miña nai. Polos cumpleanos regálame destas cousiñas, así que teño platos, vasos, tenedores, coitelos, culleres e demáis familia para outras tantas coma as do sábado. Copas non... que de cada encherola eu tamén rompo algunha así que, xa casi é unha tradición a seguir nesta casa.
Por certo... con invitadas así, que deixan as cociñas feitas un primorrr... calquera fai festiñas! Veunos ó máximo porque, despóis de que vos fórades, como non había máis que recoller, Sofía mais eu dedicámonos a acabar o viño que quedaba na percia mais na botella... non ía quedar así á intemperie que se perde! Vaia lascarda... pero moi ben. Veume moi moi moi ben. Sofi, un bico.
En definitiva, que o pasei de pinga, encantoume, tou feliz de la vida e sólo espero que sigamos así moitos anos máis, probando duchas de sifón de tónica, probando PO-800 e demáis numeracións, rompendo copas, rindo a esgallo, e disfrutando de milleiros de tardes coma esa que teñen que vir.

Cambiando de tercio... Mar, que hai que facer para o sábado? Eu tou dispoñible para arrimar o hombreiro. Teño que axudarlle a miña irmán a facer un salpicón para o domingo xantar vintetantos, pero aparte deso despóis tou dispoñible para a función que teñades a ben asignarme. Son todo oídos.

Susi! Aínda tes zolás para facer potas de callos coa lúa cambiando de cara e a punto de dar a luz??? Esa é unha muller das de verdá! Coma todas as raigañas non si? Ata o último suspiro!

Bueno parrulas, espero que todas o pasárades tan ben coma min, Bego... espero que estiveras ben e disfrutaras da tarde. Todas espero que o pasárades ó máximo. Moitos bicos e abrazos e lambetadas nas patoufas. Que teñades unha moi boa semana e vémonos o venres.

Anónimo dijo...

Holaaaaaa!
Boas noites a todas, porq son as 0:48, pero como tiña ganas de vixotar un pouco e ver o q puxerades, aqui estou.
Pois se vos o pasastedes ben, q vos vedes todalas semanas, eu nin vos conto, sin falar do regalazo claro, eso xa foi unha pasada,sodela pera.
A comida estaba moi boa, pero a compañia (sin facer de menos o menu, q estab o maximo) eso si q foi o mas de lo mas, gustoume moito, moito estar con vos o sabado, botovos moito de menos.
Mar, o da clase de pandeireta particular todolos viernes as 9 da noite no sei se lles parecera moi ben os veciños, ijual teño aljun q outro problema, mellor deixamolo tar e xa retomarei as clases noutro momento.
Moitas gracias a todas por ser como sodes, moitos ,moitos bicos e unbiquiño especial pa Susi q esta a piques de aumentar a plantilla das Raigañiñas. pasadeo moi ben o sabado e botadelle unha muiñeira tamen por min. Aburito.