jueves, 14 de enero de 2010

UNO NOVO ANO ..... UN NOVO PROPÓSITO


XA CHEGA O ENTROIDO.....
Queridas Raigañ@s de aquí e de acolá: Comenzamos un novo ano e temos que mirar cara adiante, aínda que de cando en vez botemos a vista atrás para recordar por onde pasamos e valorar máis o camiño que se nos presenta.Nesta carretera chamada "vida" atoparemos grandes autopistas (sen peaxe por suposto) e camiños de terra e baches pero seremos capaces de superalos sen grandes dificultades e sobre todo aunando forzas entre todos como a gran "familia/secta" que somos en Raigañas.Que teñamos un 2010 con moitas autopistas.
E para empezar ben o ano aquí ven o ENTROIDO.... así que as mamás a buscarlle disfraz ás raigañas, e por fin podemos tamén dicir raigaños pequeniños: Mariña, Noa, Carmen, Icía,Martín, Esteban e Alex (polo momentooooo) porque Raigañas xa está argallando cousiñas e queremos vervos alí a todos.... Alejría diola dea!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

6 comentarios:

rosarikqdkik dijo...

na verdá!!! hai que ver que festixeiras somos eh! polo quese vé o blog agora está un pouco parado,xa non é novedá· Hoxe por fin saín dar unha volta coa prole porque quenta o soliño pero a verdá é que fai un frío que pela.Pois lojo haberá que ir preparandose po antroido que xa tá ahí á porta da esquina.Bueno queridiñas un biquiño que xa son as 6 e hai que ir indio pa casiña

begodomanso dijo...

Bos días, miñas benqueridas malbelas,ano novo vida nova uo polo menos renovada,xa tiña gañas de ver comentarios novos no blog,estiben pensando en ir pasear a Bandeira pois digoche Rosario que por aquí non saíu o Lorenzo nen pra saudar,haber se no entroido nos xuntamos todas(tamén ca prole)teremos que mirar por un local grande pra tomar o café pois xa somos taitantos/as (que ben).
Un bico e unha aperta para todas/os de aquí e de acolá.

RAIGAÑAS dijo...

Hei malvelas daquí e dacolá.... menos mal que inda hai quen escriba no blog porque ajora entre o twitter, o twenty o facebook e sabe dios que máis historias xa nadie se digna a parolare un anaquiño neste curruncho. É certo que empazamos animdos e se non aquí vos vai un adianto dos próximos eventos:
- sábado 13 de febreiro, gran concurso de disfraces pa cativos e pa maiores e tamén concurso de postres cuns premios suculentos. TOdo no Restaurante Aldeola que colabora con nós
-Domingo 21 de febreiro gran percorrido de madamitos e ghuardineros, empezando pola maña e rematando pola tarde
-Sábado 27 defebreiro. gran cocido-baile de Raigañas no restaurante Aldeola
-sábado 27 de marzo, gran Foliada nas Escolas de As Pozacas.

E bueno polo momento, esto es to.... esto es to.... esto es todo amigas.
Ala bkos ós cativos e tamén ás mamás e ás que non son mamás tamén.
Outra coisiña que vos parece se o sábado 30 de xaneiro quedamos para ensaiar unha miaja e tamén despois pero solo despois para tomar un cafeíño.... qué presta ou non presta?
Apertas ás de aquí e ás de acolá.

rosarikqdkik dijo...

hola macaquiñaso do ensaio taba ben pero eu non vou hasta sábado ó anoitecer porque imos todos xuntos asi que na de na.Por aquítodo segue igual metidiños na casa á beiriña do lume,bueno hoxe foi feira e saimos comelo pulpo e de paso a ver si fajo aqui un traballiño en internet que levo peleando toda tarde e non hai maneira.o non saber eche moito traballiño e por encima un que chora outra que berra ,en fin un caos. Bueno queridiñas un bicazo pa todas.

Anónimo dijo...

like gambling? ardour las vegas? poke into the all far-out [url=http://www.casinolasvegass.com]casino[/url] las vegas at www.casinolasvegass.com with beyond 75 chichi abuse [url=http://www.casinolasvegass.com]online casino[/url] games like slots, roulette, baccarat, craps and more and unexposed existent change with our $400 untied of wardship bonus.
we from unvaried knowledgeable b wealthier games then the tottering online [url=http://www.place-a-bet.net/]casino[/url] www.place-a-bet.net!

begodomanso dijo...

Moi boas compañeiriñas.Acabo d quedar esparabanada,as que controlades de ingle traducide aljo,igual nos están mandando a merda e nos tan felices, neverdá?a min soame a aljo de juejo pero vos diredes.Bueno un saúdo a todas/os de aquí e acolá e como pasou o antruido, bos madamitos.
Un bico Bego.