jueves, 6 de agosto de 2009

A cantareira das Marías, coñecida no mundo mundial, múdase á gran mansión de Bandeira


Esta semana damos conta dunha noticia publicada en tódalas revistas de prensa "do cuore", a archicoñecida pandereteira de Raigañas "Rosario das Marías" mudouse a súa nova mansión xunto coa súa familia. Aquí podemos vere unhas imaxes do devandito palacio..... ela tan fermosa mostrando a súa mansión moi leda.....
Esta cantareira de gran renome acaba de cumplir non fai moito anos e como di o dito "ano novo vida nova".Desde Raigañas queremos felicitala por todo: polo cumple (aínda que xa vai na hora), pola mudanza, pola filla priciosa e simpática que ten, polo marido juapo e atento e por ser ela como é: "unha bellísima persoa,onde as haxa, chea de dulzura e cun corazón que non lle colle no peito" . Felicidades Rosarika!!!!!!!!!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Moitas felicidades Rosariño! Este si q e un ano cheo de cousas novas e boas, sobre todo porq vas aumentala familia, e eso si q e pa celebrar por todo o alto. Esperamos q te encontres moi ben, ti e maila tua barrigola, q cada dia estara mais grande,moitos biquiños poa tres e unha caricia grande para a barrigoliña, xa lle daremos os bicos cando lle vexamola cariña. coidadevos moito e ti disfruta de todo o q tes . Bicos, bicos, bicos. Carmen e Noa.

marda Bouzas dijo...

Me cajo no quecho.... como diría a nosa Rosario e non se me olvidou o/a pequerrecho/a que leva na barriga...... ai,ai,ai claro "ojos que no ven....pinza que se lle vaia a unha". Bueno pois tamén felicidades pola barrigola, únome ás de Sestao nas congratulations.
Que por cierto..... pas de aquí a ver a que vos adicades porque que as que están máis lonxe sexan as que escriben, manda truco na habana. MOi ben Carmen.....moi bien ti sí que sabes. Bicos pa ti e a preciosa Noa.
E pas demáis..... unha colleja cun bico.

rosarikqdkik dijo...

bUeno,moitas jracias por todo ajora xa sei o que se sinte ó ser a prota dunha páxina(moita verjonza) pero nonme diredes que non se vos poñen os dentes larjos ó vela miña mansión eh? Por certo que excusades traer tendas de campaña pas festas porque como vedes hai sitio abondo na casa.Cristina acabouse a boa vida non sí?o bo dura pouco.Carmeluchi moitas jracias miña nena ,ti coma sempre ó pe do cañon.Por cierto que fixen o flan con bizcocho po domingo(saqueino do forno á 1 da mañá porque comprei unhas varillas pa batelas claras a punto de neve e tando os ovos da nevera e cunha pisca de sal e todo levoume mais de media hora poñelas en su punto) peero o caso e que me saliu divino de la muerte.O malo é que a nai de toño trouxo un tartón de piña e o irmán pa non ser menos trouxo tres, un de piña un de melocotón e un de mazán.PA haberse matado dun empacho. Bueno mijitas un bicazo moi jrande

marda Bouzas dijo...

Hoooola malvelas juapas:
Rusario así que che saliu o " non lle teñas medo" mira que ben... ves como non lle había que ter medo....jaja. Pero claro máis cunha churrascada, eso foi unha postrada.... meu deus... bueno aléjrome que todo fora bene...
Cris... taras escocia ¿non? ai, ai, volta á realidade... pero jracias ante todo por traernos a Lorenzo apquí uns días, que boa falta nos facía... ala descansa da boa vida e benvida á realidade que desde lojo nada que envidiare á mallorquina eh!
Carme,o outro día tomamos un safire bombaie na túa salú, bueno aljunha tomamos máis de un á salú de todos... jjjjjj
Bueno pois ná que alá foi xa a festa do verán das malvelas... moi ajusto estuvemos ¿neverdá? e a princesa de la corona de flores.... bueno estaba coma de 15... habái que vela... eu firmo ajora mismo. Pero.... xa hai outra medio apalabrada en camiño, sí si esta será aló entrando o inverno, o plan: casa completa de turismo rural un finde semana e fieeeesta.... daquí aló xa falaremos do evento.Ala juapas, bkos e boa semana que empozou moi ben e a ve como acaba.

D'Generoso dijo...

Hola malvelas, como estades?

Pois si... de volta das terras mallorquinas só queda esta semaniña de disfrute e recuperación. Pasámolo ó máximo. Visitamos a illa pero tamén fomos tódolos dias á plaia. Unha maravilla. Aparte do solete e da temperatura ambiente... a da auga era unha gozada... non salíamos dela!
Ro... entón non levamos tendas para a empanada? Eu... bueno, como digas, pero non quero molestar nin que teñades que andar vós apretados por culpa nosa... un curriño alí onda o cabazo lonxe do can e punto pelota! Que o importante é ir e tar á festa, ademáis iríamos xa o venres así que... bueno, habemos tar en contacto.

Anxos! Tabas moi bonitiña... mandoume Mar unha foto nun mms coa coroa de flores e tabas moi bien juapa de certo... Alégrome de que o pasárades ben. Eu acordeime moito de vós, que conste, pero bueno... para a próxima. Por certo... que fomos tomar uns gintonics un dia a un ristorante moi bonito en Deià, no que só había ingleses e todos de alta alcurnia. Eu pídolle á camarera un gintonic de bombay safir (así tal cual) e dalí a nada escoito na mesa de atrás que o tipo (inglés) lle pedía un bombai safaia tonic (así tal cual). Así que... rapazas... xa sabedes. A correcta pronunciación é "bombay safaia" jijijiji....

Que tal o resto? Como vai ese vranciño? Cando colléde-las vacacións? Cando quedamos? De verdá imos tar todo o mes de agosto sin quedar? Que raro se me fai... Bueno, pa Bandeira xa nos vemos unhas cuantas... quen vai? e se non... pas festas do Mar non? A ver se aguantara este solete, penso que non é moito pedir, dadas as circunstancias, que auga e frio xa tuvemos dabondo por aqui. Ta a nosa Jalisia preciosísima de verde, pero tamén fai falta algo de sol para facer a fotosíntesis non?

Bueno parrulas de aquí mais as de aló, moitos bicos, espero que esteades todas ben e tamén espero vervos en breve.

Aburiño!