martes, 25 de agosto de 2009

Unha fin de semana ó máximo!


Bandeira e a súa Festa da Empanada.
Chegamos a Bandeira o venres pola tarde-noite. Xa se respiraba ambiente de festa.
A necesidade de hidratar a gorxa levounos a parar na de Vitorino, aínda que sabíamos por anticipado que íamos parar alí moitas máis veces ó longo do fin de semana. Xa alí atopamos algunhas caras amigas que tamén sentiron a misma falta de hidratación.
Dirixímonos ata a casa de Rosario e Toño. O adxectivo de "casa" quédaselle escaso. Aquela é toda unha mestura de casa de turismo rural e museo etnográfico, que dende a primeira estancia te envolve nunha aura de benestar e paz interior da cal un non quere sair.
Facendo gala da hospitalidade que a caracteriza, alí nos esperaba ela con uns pinchos e uns viños, a mellor das sonrisas e cos brazos abertos. Tras unha cea distendida fomos indo cara a Esmorga Folk.
Logo duns pequenos "incidentes" coa luz, a serie de concertos previstos levouse a cabo. Fartámonos de beber, de rir e de bailar. Tanto que a nosa compañeira Sofía resultou ferida no intento. Un esguince de nocelo puxo o punto final a unha noite chea de ritmos.
O sábado estaba adicado ó carro. Despóis do almorzo comunitario, a sesión vermú - banda e o xantar tamén comunitario, fomos a polo carro. Mozos fornidos e arroutados tiraron por el nun percorrido que non deixou indiferente a veciños nin viandantes. Parada tras parada, íase enchendo das viandas que degustaríamos só unhas horas máis tarde, cando xa non quedase ningún bar por visitar. Non faltou a música, nin os cánticos nin as risas, e moito menos quen tirase polo carro. Nós ata nos atrevemos con el, pero temos que recoñecer que as nosas ansias superaban con moita diferencia ás nosas forzas...
Seguimos bebendo, cantando e bailando.
Un fin de semana inmellorable. Boa música, boa comida, boa bebida e a mellor das compañías. Que máis se pode pedir?
Un millón de gracias e abrazos a Rosario, a Toño e a Carme por abrirnos as portas da súa mansión e por acollernos con ese agarimo.
Se nada o impide, para o próximo ano voltaremos á festa da Empanada.
Para que? Para seguir bebendo, cantando e bailando.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola raparigas!!!! hai que ver q ben o pasades, eh? Que ben, ta claro q con boa compañia, comida e bebida, non hai mellor manciña para desconectar e desestresarse. Que ben, xa vexo q aproveitades o maximo asa festas, como ten q ser.Sofi, q pasou, a ver se te chamo, asi q entre salto e salto....bueno, xa se sabe q as veces hai algun fallo tecnico e...., recuperate pronto. Biquiños,pa lesionada e pas outras tamen. E un abrazo moi agarimoso os tres de Bandeira por ser como son. Carmen.

marda Bouzas dijo...

Hola malvelas de aquí e de acolá:
POuco máis hai que dicir despois desa descripción tan exhaustiva da nosa aventura polas terras de Bandeira.Efeutivamente pasámolo en grande, agás o incidente de Sofía, unha escordadura de moito cuidado que aínda "hoxe lle doe que amajoa", o piesito ou piecito teno nejro coma un pote, e eso que frejou nel porque´terriñña tamén xuntamos..... diolo paje que vaia polvareda levantamos no campo da festa..... eso sí quedou claro que as de Raigañas temos brío e jarnacha bailando e cantando....démolo todo.
Que dicir dos anfitrións da festa: Carme,ROsario,Toño e o/a que ven en camiño.... inmellorable a súa acollida, non se lle pode pedir máis eles sí que o deron todo... teñen unha cas especial digan dunhas persoas especiales coma eles.Un ajrú ben jrande polos de BAndeira e moitas, moitas gracias por todo.
Conclusión: se queres desconectar, sentir paz e armonía, desestresarte e entrar case que en levitación(milloor coma,jiji).... acude á festa da Empanada e á Esmorga Folk de Bandeira, boa xente onde a haxa.... VIVA EL JIPISMO, VIVA EL JIPISMO, ANDAR TIRADOS NO CHAN , CHEOS DE MERDA DA IGUAL COS MEUS AMIJOSSSS

marda Bouzas dijo...

BKOS PARA SESTAO E BANDEIRA, E POR SUPOSTO PARA TODAS AS RAIGAÑAS QUE ESTÁN AHÍ PA LO BUENO Y PA LO MALO.

begodomanso dijo...

Hola raijañas:
Que bem o pasamos na bandeira o peor e do corpiño que xa no e coma antes pero mentres que ajuante imoslle dando,grazas a familia Alvarez Brey na súa casa sentese un coma na gloria que bonita bos é.Unha aperta a todas/os as daquí e as dacola .
EU NON QUERO TRABALLAR ,TRABALLE SU PUTA MADRE .
EU NON QUERO COTIZAR,COTICE SU PUTA MADRE.
VIVO HIPISMO...........................

rosarikqdkik dijo...

bueno case que choro coa introducción,ijual sodes aljo exajeradiñas pero bueno,aléjrome que o pasárades ben.Pa nos e en especial pa min foi toda unha satisfacción,alejría e orjullo que viñérades e nos acompañárades.Case que me sentín coma en Cerqueda que xa é dicir.Jracias por todo che,non teño palabras .Sofia espero que teas mellor,foi tal o meu desconecte ó acabar as festas que se me olvidou chamarte,desde que tou en Bandeira é a primeira vez que me tumbo no sofá botarlle unha soneca e xa era hora.Bueno corazóns un bicazo e xa sabedes que aquí tendes a vosa casiña.Quérovos moito a todas