domingo, 16 de agosto de 2009

Ei Carballeira!!!

Un ano máis démonos cita na Carballeira de Zas. Contra todo pronóstico, o tempo deunos unha tregua, así que poidemos disfrutar dunha noite seca por fóra e chea de moi boa música e bo ambiente. Noraboa ós organizadores que, un ano máis, puxeron todo o churrasco no asador para facer desta noite unha cita obrigada do verán.

E como ás festas hai que ir, por aquelo de manter as boas costumbres, estamos xa arrancando motores para a festa da Empanada de Bandeira, que será este fin de semana.

Rapazas! Hai que ir preparando o envite!

6 comentarios:

marda Bouzas dijo...

Hei, hei,hei malvelas.....
Qué tal de finde? xa lojo chega o outro e aló vamos as Raigañas (case todas) pa Bandeira... á empanada... á subida do carro.... á Esmorga folk... vai ser criminal..
Hoxe é un día especial porque temos que felicitar a unha das Raigañiñas.... que ven pisando forte e que lojo, lojo nos sustitúe a calquera ed nós... que ben. Tamos a falar dunha preciosa nena chamada Carme que é un solete, juapa coma un carto e lista coma un allo. Aínda se me acorda aquel día no que tábamos todos en vilo porque na Brea non había ninguén.... e como iba habere... os papás marcharan despois de unha noite de marcha(bueno máis ben de contraccións) aló pa Coruña para verlle a cariña a esa fermosa rapariga que alegralle o día a calquera.Cumpleanos feliz pequerrecha, a ver se o viernes che podemos dar 2 bikazos nesas patoufiñas tan feitas. Felicidades tamén ós orgullosos papás que xa lojo teñen que repetila andaina... jiji.
Bkos e apertas a todas/os que as queiran e as precisen.SOn de jratis.....

D'Generoso dijo...

Ai si... contraccións a ritmo de sacho na Esmorga Folk hai dous aniños... que mañán tan emocionante cando chegamos alí e non había ninguén... e cando conseguimos falar con Toño e nos dixo que era unha nena... póñenseme os pelos crechos da emoción. E cando mandaron a foto para subila ó carro... Sí señor, un fin de semana e unha festa pa recordar.
Moitas felicidades Carme! Sigue medrando así, con eses ollazos priciosos e cantando as cancións que che enseña mamá.
Xa che tiraremos amodiño das orelliñas mais xa che puliremos as patoufas a bicos... o viernes.

begodomanso dijo...

Hola malvelas.
Hoxe sería un día normal se non fora que fai hoxe dous anos,naceu unha nova estreliña,a nosa carme,que a súa luz brile moito tempo, igual que as outras estreliñas as nosas raigañiñas ,as que están e as que viran.un bicobego.

begodomanso dijo...

Hola Carme
Felicidades polo cumpleanos
Un saudo Icia

Sofía dijo...

"Cumpleanos felis, cumpleanos felis,..."
Carmen, fai un par de semanas eras ti a que lle cantabas as outras esta canción, ahora tócache a ti. E o viernes vamos chejar a Bandeira cantándoche en riguroso directo esta canción.
Dous anos da festa da empanada máis especial. Unha mamá ajuantando os envites das contracións pa poder cantar, pa que homenaxearan ó seu home, e mentras Carme decindo que quería entrar xa neste mundo nun dos días máis señalados do ano. Un ajrú ben jrande pola nai e outro pola pequerrecha!!!!
Bicos e apertas.
Xa ta chejando o viernes!!!! Aló vamos!!!!!

Anónimo dijo...

Hola, hola juapas! Atalora estaredes pasando o maximo en Bandeira, eu tou aqui vendo un pouco a tele e aproveito para mandarlle un bico moi grande a Carme, q levo unha semana moi stresante e non a chamei para felicitala, pero q sepa a miña nena juapa, q non me olvidei dela, solo q a vida ten un pouco de locura e as horas entre o traballo e Noa non me dan pa mais, perdon,e felicitar a sua mama q nos trouxo esa preciosa cantareiriña para poder disfrutar deses sorrisos e eses preciosos ollos, dentro de pouco ides aumentar a familia, QUE EMOCION..... Moitos bicos pa todas e disfrutade a tope da festa, q o vran xa non lle queda moito, e xa chega o largo inverno. Botasevos de menos. Carmen.