jueves, 26 de febrero de 2009

Minutos musicais



8 comentarios:

RAIGAÑAS dijo...

Bos dias Malvelas antroidarianas, como tendes os corpiños? Xa sabedes a quen habedes de "botar" este domingo?

Mar, hai un par de matrimonios de Cambre que queren ir á cea de Raigañas do próximo sábado. Mañán dígoche os nomes porque me quedou a nota na casa, aparte téñolles que decir canto lles vai salir, a que hora é todo, etc. etc. etc...

Por certo, mañán fago eu o xantare vale? Sofi, Mar, e quen queira apuntarse tanto ó xantar como a un cafeíño despóis. Prometemos solemnemente ir sobrias e puntuales ó ensaio.

mmmm... pois non se me ocurre máis nada pra contare... así que... vou tomar un café a ver se espabilo a torta e a traballar!

Un bico a todas e que teñades un bo dia.

marda Bouzas dijo...

Olaaaaa malveliñas antroidas, relaxadas lobianas, sen ser tan relaxadas.... en fin a toas.
Aquí estou nas terras Santanderinas outra vez, mecajiná... e pa máis inri traballo a tope, me falte el cielo se non.....Cris onde se venden eses tubiños de chocolate, ou serían as aujas que en vez de meterte nelas, ti bebéchelas con aljo máis mezclao... porque despois de lelo teu comentario, nus santos.... en fin que hei ter que ir aló a bebela auja esa, ti dirás..
POis de antroidos moi ben, rinme un cacho, e non nos chamaron juapas ó chejar á Ponte, vaia oh que non fai falla arrejlarse os sábados canto peor vaias millor, que bueno Josefa estaba de impresión, vamos que Julián... creo que aínda non lle quitou a perruca.... na radio galega Begoña dixo que moi ben que debiu sela única no mundo mundial quw nos escoitou, á 1 da mañá quen iba tar escoitando a radio... pero que quedamos moi simpáticas e alejres.
E pouco máis, ai sí que eu voulle votar ó Partido CSC......que fará a súa presentación o 1 demarzo no percorrido dos madamitos, jiajia.
Bueno pois ná máis,o da invitación acéptase con amor, alejría, dulzura, placer.....en fin todos os calificativos positivos.Xa falamos porque a ver se tou por aló... eso sí puntual ó ensaio, porque ademáis teño que ir antes para mirala roupa dos madamitos.
Rusarito, non te sintas apartá, o que che di Cris, o blog sirve pa conectar e esbardallar, vas estar o domingo en Cerqueda?
Bueno Sofi, qué tal de semana?
Susi, esa Mariña como vai e a mami?
Anxos,xa tendes bus? se queres intento chamala eu, ó millor teño máis sorte?
Prima acolá, xa non sabe escribir e a comadre tampouco, olvidouselles, a ver Oh! que é de jratis.
Noe, please cando veñas á clase acórdate da roupa que levaches pos de Seaia,thank you.
Carme, Noa e Quique que tan cerca estamos pero claro este "job" non me deixa tempo para facervos unha visita que janas non me faltan.
Por cierto que supoño xa falaría Bego con vós da oportunidade que se nos brindou de ir a unha actuación Santurzi, pro parece que non había cuorum.... unha penaza.
Bkos de mar a mares.

D'Generoso dijo...

?? Partido CSC? Tou ben pouco posta na política tú! E que significa CSC?
Carreiras Sen Cabalos?
Cans Sen Carrachos?
Cacheira Sen Cachelos?
Xa me enterarei o domingo, na miña posición de PRISIDENTA da mesa electoral... ajka.

Mar, vente con xeito mañán. Se non xantamos ás 3 xantamos ás 5, que non pasa nada. Ti tómao con calma e non te marees!

Eu para o de Santurce nada, porque ata o dia 7 de abril non estaría de volta no melloriño dos casos, así que... nada. É unha pena que non haxa cuorum... porque sería unha oportunidá para que nos coñeceran por esas terras adiante, pero... éche o que hai.

En fins. Bicos e vémonos mañán se non hai novedá.

Sofía dijo...

Encantáronme as cancións, Cris, están genial. Que por certo, o Davide ahí ta con roupa moi formaliña, porque cando o vira na actuación que fixo polo vran en Carballo, vaia maneira de ceñirse.....jejejeje!!!!
O do xantare mañán, como non, non se pode decir o contrario. Pero pa rebaixar os efluvios do alcohol o que podemos é baixar a dar un paseo polo río, e aproveitar a tardiña.
Mar, vinde con xeitiño.

Ah, e o das eleccións como que está afectando en todas partes, porque onde tou eu .... cos cartos que tan apunto de chejarlle aos dependientes hasta tan collendo cara de salú!!! (bastada) E aos que non che chejou aínda nada,a cara tórnalle a can, e andan a ver a quen se viran.... e eu teño moitas papeletas. Cajo en .....!!!!

E por certo, hoxe andaba pola plaza, cual señora de lo rural, a do PP, Saez de Santamaría, debiu vir coller unhas rabizas e unhas pataquiñas da zona, porque non sei eu se en Madrid haberá moito desto.
Me parece a min que o partido máis votado vai ser ese de "carreiras sen cabalos, cans sen carrachos, cacheira sen cachelos,..... jajajajaja!!!!!!!!!!!!!
Deica!!!

D'Generoso dijo...

Sofía, vas ter que ir traballar con casco e armadura...

Así que Saenz de Santamaría andaba pola plaza comprando greliños? Ha ser pa facer máis fotos polémicas. Xa a tou vendo. Hotel Baños Vellos. Primeiro plano da cara tapada ata o nariz con unha boa rabiza e mirada sensual súper enmarcada con perfilador negro...

As seis!! YUPIIII!!!!!!!

Anónimo dijo...

Como fundador do partido CSC quero agradeserlles a súa intensión de voto; un voto útil e nesesario para o benestar de tódalas, todolos cantareiras e cantareiros da zona: O noso Partido, partida o ScS ten un obxetivo claro e ben definido, definida, que non volo penso desir por razóns de estratesias, estratesios electorais. O partido, partida CSC ( Currupsión Sen Cascallos) vai irrumpir con forza nesta zona.
¡Viva España!

D'Generoso dijo...

Agradécese o interese do partido CSC polo benestar de tódolos/tódalas cantareiros/cantareiras da zona/zono. É necesaria/necesario unha intervención inmediata/inmediato para que esta crise/criso (anda! o jato de Anxos!) non faga estragos/estragas na cultura/culturo.
Dende aqui o meu encarecido/encarecida voto/vota (de viño) para ese/esa novo/nova partido/partida de Currupsión Sen Cascallos, que rima moi ben con moitas cousas. (e cousos)
Moitos bicos e bicas!

marda Bouzas dijo...

Oxe é un jran día/dío, oxe saberemos se o noso partido CSC vai acadala maioría absoluta/absoluto. Os nervios apodéranse de nós de tal forma que os candidatos levan toda noite a tilas/tilos. Non o dubidedes, IDE VOTAR, ou milloir dito, que carall... ide botar,ou sexa dar chimpos cos MADAMITOS E GHUARDINEROS DE CERQUEDA..... alí vos esperamos a todos/as, levaremos rosquillas e tamén haberá chopitos e viño de jratis.... un ajrú polos madamitos e ghuardineros e ALEJRÍA DIOLA DEA.

Bkos de Mar a mares.