miércoles, 4 de febrero de 2009

Crónicas dende a Cunca.




[... ]Eu tiña presa, que había que ir para a actuación... que non salía... e taba... sube rápido! non? Pos o conto no sitio e tal e cual... non? Xa.
... e dijo eu... e daquela pa que o pos? que inda non o distingues... e dixen eu: pa que cojones puxen esto que inda no distingo? a ver se puxen o outro?... Ahora tou pensando eu porque claro... e por eso non iba...
Con este monólogo de Mar acompañábamos o café.
Rosario estivo con nós no aperitivo a través da mirada de Carme.
Noelia púxonos os pelos crechos de emoción interpretando o cantar do tempo da esfolla.
Begoña ensinábamos a aproveitar os recursos físicos que a naturaleza tivo a ben proporcionarnos.
Carmen, desde a distancia, deixounos con unha rosa a mellor das sensacións no paladar.
Anxos ensinounos a camiñar elegantemente enriba duns tacóns sin romper os nocelos no intento.
Sofía versionaba a canción dunha banda sonora dándolle un toque en galego realmente impactante.
Susana de Malpica intentaba tranquilizar a Mariña que, atónita dentro do ventre da súa nai, ficaba cos ollos coma platos, as mans na cabeza e seguramente pensando "menuda xente me espera fóra!"
Josefa e Isabel viñeron para acompañarnos a unhas risas e a uns chupitos de licor café.
Cristina intentaba sacar unha foto decente, mentres pelexaba co flequillo para ver se o que comía realmente eran vieiras ou as toalliñas de aroma de limón para limpar as mans.
A Susana de Cerqueda todo lle parecía ben.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

JODER....¡¡¡
Como vos pasades non?
Esto e un atraco a man armadaaaa¡¡
Que verjonzaaaaa¡¡¡
Sodes moi pelijrosas con esto da cámara, pero ta ben, ta ben, ai que sufrir de vez en cando. Cris, eres do que non hai.
Un bico pra todas¡¡

marda Bouzas dijo...

Ola v...as alejres:
Bueno, bueno... menos mal que non se che dou por dicilo nombre do susodicho, porqque co conto de que calquera o oe.... mi má, esto é peor que os espías de Ajirre.... o que fai o alcol, pero bueno na foto parece que tábamos coma flores recén cortadas do silveiral... e bueno a dona do "wuapu" guau,non me extraña que o jato ande adorecido e se bata os cadros, a saber o que ve el polas noites, meu pobre...
Moi bien o bloj, congratulations Cris.
´Tou deseando que acabe a semana porque tou asta os fuciños ...joer, mañá teño auditoría e creo que á vou armar...en fins.... bkos a mares pa todas as que leven salvaslip e pas que non tamén total po que valen....

marda Bouzas dijo...

OLAAAAA:
bueno, tou esperando a que me auditen.... e nada quería dicirvos que ás que veñades disfrazás do que dixemos o outro día, creo que o disfraz consta de: vestido negro ou mini saia con aljo parriba nejro, medias rejilla ou encaixe, botas ou zapatos, pamela ou casquete con tul, guantes e lija(estes sei onde os hai e valen as dúas cousas xuntas 6.50, quen queira.... que me dija) e bueno outros complementos: bolso,abanico,colanas... bueno esto todo póñoo para servir de referencia que despois cada unha... que personalize o conto.
POr cierto, a ver que vos parece, tou preparando unha coreografía pa facer ese día co acanción da obra de teatro, que vos parece? bueno non é obligatoria pero pos primeiros bares pode tar ben despois xa..... dios dirá. Bueno espero ver comentarios,alegacións, apuntillamentos, en difinitiva, escribideeeeeeee.
bkños

marda Bouzas dijo...

Ola malvelas lacazanas:
Susi perdoa porque fixeches unha pregunta e eu polo menos non che respondín. Con respecto ó que plantexas de túa irmá, creo na miña humilde opinión que llo deberías preguntar a Alex, a ver o que opina el, eu creo que é millor... sabes el co sincero que é pódeche dicir se sí ou se é millor esperar. vale?
Moitos bkos pa vós e abrazos ó can.

marda Bouzas dijo...

Ola rulas:
Qué tal o comenzo da semana, con temporal.....este inverno imos aireados quero eu, a ver se sirve tanto temporal pa que veña un verán de calor, ojaláaaaa
Nada escrívobos porque acabo de velas audiencias do Alalá e non mo podo creer, a nosa foi a máis baixa da temporada nova, pero con 60000 espectadores menos con respecto ós outros programas que superan os 200000 espectadores. Home.... eu pensaba que nos vira máis xente, tampouco que foramos a romper co "share" da pantalla pero.... e lojo onde conas estarían eses 60000 paisanos/as?
Ajora entendo cousas..... en fins eses 60000 se lo han perdido, non sÍ?
Bueno nada máis, continuo traballando e´que teñades unha boa semana todas e todos os que léstedes esto e os que non.... pois tamén.
Por cierto, o outro día estuvemos probando os vestidos dos disfraces.... buá unhas risasssss, resulta que Josefa embutiuse nun e despois non eramos capaces de sacarllo, eu xa coas tixeiras para cortarllo vestido porque non había maneira, case que o ten que levar posto e bueno.... nin os cans.. eu pensaba que me mexaba, foi moito. Por certo, quen se anima a ir disfrazá o sábado 21 de febreiro de viudas alegres? O plan que propoño é: ir de viños ás Marías, Cunca,..... despois ir cear aljo (incluso pode ser ó Aldeola, que teñen un menú aconómico e admáis teñen concurso de disfraces) e despois pois arrancar pa POnte ou xa veremos pa onde, ó millor con tanto bar.... imos pa cama.Bueno polo de ajora hai na lista sete pero é unha lista aberta, así que.... queda dito.
Muás.

Anónimo dijo...

hola neniñas,son a emijrada a Pontevedra,polo que vexo non salides dunha pa metervos noutra e xa tades arjallando o antroido,(non me extraña,que queirades celebrar o noso santo como é debido). Decirvos que salides moi juapas na foto

Suelen dijo...

Moi bos días parrulas.....¡¡encántame esa foto!! pa levar todo o que levábades encima pois as caras están ó máximo......

Con respecto o antroido eu dígovos algo pa semana ¿vale? a roupa xa a teño, e complementos tamén....un inda vai incorporado..jejejejejeje

Ala, vou traballare que hoxe teño que marchar antes que vou po curso prenatal......un bico a todas.....

Anónimo dijo...

A ver se dou publicado n vosa páxina, porque case que hai que facer un máster!
Tamen pode ser que eu sexa unha burra,jeje.
Hola a todas e FELIZ ENTROIDO!!!
VÉMONOS O SÁBADO DE ENTROIDOOOOOO,JEJE.....