lunes, 31 de agosto de 2009

Adicado con Cariño a Carme María de parte das Raigañas

No lughariño de Bizarrán
aló no alto de Cambre
un día coma hoxe
naceu a nosa compañeira Carme
Non hai outra coma ela
moreniña e xeitosa
pero para nós sempre será
a nosa Raigaña preciosa
Queremos felicitarte
e mandarche moitos parabens
enviarche moitos bicos
e un ramo grande de carabels
Carme, Carmiña, Carmela
baila cando queiras o ajarrado
que o predicou o cura
que maldito se era pecado
FELIZ CUMPREANOS CARMEN!
Que cumplas moitos máis e que nós o vexamos e o poidamos celebrar polo menos ata os 100 anos .......e logo xa pediremos. E non te olvides que para nós (aínda que na distancia) eres unha máis, unha Raigaña coma a que máis porque sabemos que sempre estás ahí para todo o que faga falta e eso é o lema das Raigañas: "todas unidas e retorcidas xamáis seremos vencidas". Un bikazo moi grande e de corazón de parte de todas nós.

martes, 25 de agosto de 2009

Unha fin de semana ó máximo!


Bandeira e a súa Festa da Empanada.
Chegamos a Bandeira o venres pola tarde-noite. Xa se respiraba ambiente de festa.
A necesidade de hidratar a gorxa levounos a parar na de Vitorino, aínda que sabíamos por anticipado que íamos parar alí moitas máis veces ó longo do fin de semana. Xa alí atopamos algunhas caras amigas que tamén sentiron a misma falta de hidratación.
Dirixímonos ata a casa de Rosario e Toño. O adxectivo de "casa" quédaselle escaso. Aquela é toda unha mestura de casa de turismo rural e museo etnográfico, que dende a primeira estancia te envolve nunha aura de benestar e paz interior da cal un non quere sair.
Facendo gala da hospitalidade que a caracteriza, alí nos esperaba ela con uns pinchos e uns viños, a mellor das sonrisas e cos brazos abertos. Tras unha cea distendida fomos indo cara a Esmorga Folk.
Logo duns pequenos "incidentes" coa luz, a serie de concertos previstos levouse a cabo. Fartámonos de beber, de rir e de bailar. Tanto que a nosa compañeira Sofía resultou ferida no intento. Un esguince de nocelo puxo o punto final a unha noite chea de ritmos.
O sábado estaba adicado ó carro. Despóis do almorzo comunitario, a sesión vermú - banda e o xantar tamén comunitario, fomos a polo carro. Mozos fornidos e arroutados tiraron por el nun percorrido que non deixou indiferente a veciños nin viandantes. Parada tras parada, íase enchendo das viandas que degustaríamos só unhas horas máis tarde, cando xa non quedase ningún bar por visitar. Non faltou a música, nin os cánticos nin as risas, e moito menos quen tirase polo carro. Nós ata nos atrevemos con el, pero temos que recoñecer que as nosas ansias superaban con moita diferencia ás nosas forzas...
Seguimos bebendo, cantando e bailando.
Un fin de semana inmellorable. Boa música, boa comida, boa bebida e a mellor das compañías. Que máis se pode pedir?
Un millón de gracias e abrazos a Rosario, a Toño e a Carme por abrirnos as portas da súa mansión e por acollernos con ese agarimo.
Se nada o impide, para o próximo ano voltaremos á festa da Empanada.
Para que? Para seguir bebendo, cantando e bailando.

domingo, 16 de agosto de 2009

Ei Carballeira!!!

Un ano máis démonos cita na Carballeira de Zas. Contra todo pronóstico, o tempo deunos unha tregua, así que poidemos disfrutar dunha noite seca por fóra e chea de moi boa música e bo ambiente. Noraboa ós organizadores que, un ano máis, puxeron todo o churrasco no asador para facer desta noite unha cita obrigada do verán.

E como ás festas hai que ir, por aquelo de manter as boas costumbres, estamos xa arrancando motores para a festa da Empanada de Bandeira, que será este fin de semana.

Rapazas! Hai que ir preparando o envite!

jueves, 6 de agosto de 2009

A cantareira das Marías, coñecida no mundo mundial, múdase á gran mansión de Bandeira


Esta semana damos conta dunha noticia publicada en tódalas revistas de prensa "do cuore", a archicoñecida pandereteira de Raigañas "Rosario das Marías" mudouse a súa nova mansión xunto coa súa familia. Aquí podemos vere unhas imaxes do devandito palacio..... ela tan fermosa mostrando a súa mansión moi leda.....
Esta cantareira de gran renome acaba de cumplir non fai moito anos e como di o dito "ano novo vida nova".Desde Raigañas queremos felicitala por todo: polo cumple (aínda que xa vai na hora), pola mudanza, pola filla priciosa e simpática que ten, polo marido juapo e atento e por ser ela como é: "unha bellísima persoa,onde as haxa, chea de dulzura e cun corazón que non lle colle no peito" . Felicidades Rosarika!!!!!!!!!

jueves, 30 de julio de 2009

Maioría de idade da nosa Anxos





Aló polas terras maravillosas de Cerqueda...... ,concretamente nos Resíos,tal día coma hoxe naceu fai 20 anos esta rapaza de ollos oscuros, pelo encrespado e negro e un corpo que quita o hipo.... Ela dende " pequena" sentiu inquedanza por manter a nosa tradición e cultura musical,de Ángel de Charlie pasou a ser unha cantareira e pandereteira de recoñecido prestixio galego..... ademáis é unha fervente defensora dos animais e se non que llo pregunten a Criso...... e tamén unha namorada dos nenos ... O seu carácter divertido e pacienzudo confírelle unha extraordinaria personalidade a cal esperamos que non cambies.... Para ti Anxos un forte abrazo e moitos bicos das Raigañas. ¡Feliz Cumpreanos !
O millor é o que nos espera o próximo sábado 8 de agosto..... "que tiemble el mundo"....... empeza a conta atrás para o evento........SORPRESA!

jueves, 9 de julio de 2009

As Raigañas de verbeneo


Aqui estamos nos todas "cheas de razon" na festa de Neaño. De razon ou do que sea da igual, o importante é ir de festa, pasalo ben e disfrutar da vida. Ahi queda. Moitos bicosssssssssssss.

miércoles, 8 de julio de 2009

Navegando cara as vacacións...

Xa falta pouco para as vacacións do verán. Ese tempo de lecer tan ansiado e esperado que dura menos ca un sospiro por un pe de millo arriba.

Algunhas (e non nomeamos a ninguén) xa tiveron a oportunidade de disfrutar de un fin de semana ó máis puro estilo "Vacaciones en el mar".

Aproveito para recordar que a cea de teatro queda para este venres dia 10 ás 22,30 horas. O lugar elexido é Casa Klandestino.

Vémonos o venres!